(Fotografía de Ubaldo Cerqueiro da manifestación Monte Pindo Parque Natural no dixital quepasanacosta. Premer na imaxe para agrandar o tamaño)
O antropólogo muxián, e amigo de vello, Manuel Vilar publica no dixital terraetempo outro dos seus sempre interesantes artigos, desta volta sobre outro tema que anda nos últimos tempos en boca de todos nós na Costa da Morte. Nesta reivindicación do Monte Pindo Parque Natural, que partillamos, tamén hai referencias lendarias e literarias. Deseguida reproducimos o texto ao completo, para contribuírmos á súa difusión e á súa lectura:
Protexer a paisaxe para protexer o noso futuro.
O Monte Pindo: tamén un espazo do cotián
Desde hai un tempo a asociación carnotá Monte Pindo Parque Natural vén loitando pola declaración de Parque Natural para o espazo do monte Pindo, unha loita difícil nun país no que a protección da paisaxe é entendida como unha rémora para o progreso, cando realmente non hai progreso sen respecto polo medio natural e cultural. Si, medio cultural, porque toda paisaxe é a suma dun espazo natural máis a acción do ser humano ao longo da historia sobre o mesmo. Aquí xa non queda espazo natural sen intervención humana, pois a nosa pegada está en todos os lados.
O pasado 14 de abril mentres uns querían celebrar o día da República española cazando elefantes, outros molláronse para pedir maior protección para un lugar singular do noso territorio, como é o monte Pindo e a súa contorna. Só medio millar de persoas camiñaron desde o Ézaro até a vila do Pindo. Mais nesta marcha seica ían poucos veciños destes dous lugares, algo que tería que levarnos a unha reflexión e intentar esforzarnos para convencer e educar a estes veciños e veciñas na importancia da protección desta paraxe, da protección da paisaxe en xeral, mesmo que a protección redundará nunha mellor calidade de vida no futuro, non nunha diminución da mesma como moitos pensan e mesmo algún manifestou nalgún medio de comunicación ese día.
O monte Pindo é un lugar destacado no imaxinario galego desde hai séculos, especialmente desde o século XIX. Isto é así polo seu aspecto e configuración, pola súa impoñente orografía, pero tamén polo seu nome. Aspecto orográfico e nome axudaron a converter este espazo nun lugar simbólico, nun referente patrimonial para os galegos e galegas. Pero tamén é un lugar vinculado á vida cotiá das xentes do Pindo ou un lugar que está na memoria daqueles que tiveron que escapar da gadoupas da morte no fatídico ano de 1936.
O seu topónimo levou, especialmente a historiadores do XIX, a falar dun lugar colonizado polos gregos. Pero estas teorías baseadas en afinidades toponímicas non teñen base científica nin apoio arqueolóxico e xa foron criticadas no seu tempo, entre outros, por Martínez Salazar, para quen a orixe do nome Pindo nada ten de helénico e si de latino e galego. Estas teorías dunha suposta colonización grega de varias zonas da costa galega xorden a partir da interpretación dun texto de Estrabón, onde afirmaba que Asclepíades dixera que algúns gregos que foran na expedición de Teucro quedaran a vivir entre os “calaicos”, polo que serían estes os que deron o nome de Pindo a este monte, porque seica se semellaba ao deles e traíalles morriña. Pero estou seguro que quen afirmaba isto non é que non vira o Pindo grego, é que tampouco vira o galego.
Benito Vicetto dinos que os gregos viñeron ás terras da Fisterra seguindo o transcurso do sol e ver como se ocultaba, entón levantáronlle un templo, o Ara Solis. Moitos dos topónimos da zona, como Ézaro ou Corcubión e mesmo nomes comúns como broa, teñen, para este autor, unha orixe grega, polo que conclúe que houbo unha estreita comunicación entre a Grecia clásica e Galicia. Conclusión que, dun xeito ou doutro, fan súa máis autores, como por exemplo Verea y Aguiar.
Todos viron, e moitos aínda ven, nas singulares pedras deste monte, sinais dun primitivo destino relixioso, pegadas de numerosos rituais e cultos procedentes de relixións que nos precederon no tempo. Pero todo isto levou a algúns mesmo afirmar que aquí estivo o paraíso, outros dixeron que foi un monte sagrado para os druídas e centro de peregrinación para os celtas. Despois, cando chegan os romanos, o monte pasaría ser un lugar de culto a Marte, ou que aquí estarían unha das Aras Sestianas, concretamente no monte Penafiel, substituíndo unha ara de sacrificios, nada menos que sobre pedras manchadas de sangue ritual. E como non, outros suxiren que este puido ser o mítico monte Medulio.
Tamén están as teorías que tratan de explicar as orixes das descarnadas rochas deste monte. Isto, xunto coa fervenza do Xallas, non puido xurdir doutro xeito que non fose dunha maneira violenta e extraordinaria. Así, houbo autores que ven a orixe deste especial lugar nun cataclismo que tivo lugar no século XIII, para uns en 1217, para outros en 1272. A idea dun cataclismo, que transforma a paisaxe e dá orixe a novos espazos e novos xeitos de vida, é algo que está en moitas partes do mundo, é dicir, é unha idea común. Pódese entender que a defenderan historiadores do XIX, pero a data de 1272 propóñena autores que escribiron na segunda metade do século XX e que aínda son citados como referencias bibliográficas fundamentais para entender o proceso de formación deste monte.
Ese carácter do monte Pindo como un espazo especial e peculiar, tamén tiña que ter algo de marabilloso, algo fóra do normal. Así se resaltan aspectos vinculados a unha fertilidade extraordinaria, que as súas augas eran boas, que a herba medraba moito da noite para a mañá, que os animais son aquí moi fecundos, que até aquí subían as parellas estériles.
Todo isto axudou a crear esa imaxe de monte especial e foron agromando as lendas, que o envolveron aínda moito máis nunha aureola de misterio e encanto, facéndoo aínda máis atractivo, poñéndoo con máis forza no noso imaxinario. Entón, por aquí pasaría a raíña Lupa e outros seres míticos até convertelo nun “monte sagro”, como lle chamou o poeta Francisco Añón, ou nunha “paisaxe enmeigadora”, que diría López Abente. Todo isto axudou a súa apropiación simbólica. E até a cima da Moa subiron os membros do Seminario de Estudos Galegos nunha das súas xeiras para coñecer e amar o país, xeira que non puido seguir adiante naquel verán de lume e medo fascista.
Pero o monte é máis que pedras con formas caprichosas. Tamén é un espazo da vida cotiá para os pindegos e outros veciños da contorna. Era un lugar de pastoreo ou un lugar a onde saían a buscar leña, especialmente os do Pindo, para poder acender o lume todos os días nos seus fogares en tempos nos que unha cheminea botando fume era sinal dunha casa con vida. E estas eran algunhas das historias que reteño na memoria que me contaban dous veciños da miña parroquia da xeración do meu pai. Xente que viviu a guerra civil na súa nenez e medraron nos anos da fame e do medo, que coñeceron historias de represión e miseria, que traballaron duro. Eran moitos os días tiñan que subir ao monte e baixar cargados cos feixes de leña ao lombo. Esta xente saíu pronto do Pindo a buscarse a vida e empezaron novos a romper pedra para abrir as estradas. Vindo rompendo pedra, de sol a sol, pola estrada cara a Muxía casaron na miña parroquia e eran coñecidos co alcume de “os pindeghos”; sempre estiveron dispostos a apoiarnos e colaborar nas diversas angueiras políticas que os nacionalistas levábamos a cabo en Muxía. Para eles o monte Pindo era parte da súa memoria vivencial, non era só un lugar espectacular, era un lugar da vida cotiá vinculado a un tempo histórico concreto da súa existencia. E mentres eles e outros rapaces subían ao monte, as nais marchaban de noite por camiños que as levaban despois de varias horas a petar nas portas das casas labregas e ofrecer a súa forza de traballo a cambio dun pouco de millo para levarlle un anaco de pan aos fillos e, sempre, co medo de atoparse cos gardas e que llo requisasen. Se eran capaces de xuntar varios ferrados podía vir unha lancha buscalo, como me contaron en Moreira (Touriñán), pero sempre navegando de noite. Protexer, para preservar esta paisaxe, ten tamén que recuperar as vivencias cotiás que nos vinculan directamente cun territorio, co construír un espazo vital, neste caso concreto un territorio cunha gran dose de espectacularidade, cunha paisaxe especial e cargada de simbolismo.
Protexer para evitar a súa degradación tamén é protexer o noso futuro e evitar a degradación da nosa vida como seres pertencentes á sociedade galega, porque estamos activando referentes da nosa memoria como pobo.
crebas twitter
-
Artigos recentes
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
- Lanzamento da edición facsimilar de Estebo, de Xosé Lesta Meis, co estudo introdutorio “Unha voz crítica da emigración galega a Cuba” da miña autoría (Obra de libre descarga)
- «Gaza on fire / Xenocidio televisado», poema na antoloxía de solidariedade Cantos de dor e liberdade
- «Pondal, Martelo e López Abente subiron de novo aos Penedos», a crónica de Xela Cid do roteiro literario polos Penedos de Pasarela e Traba organizado polo Semescom
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta