Programa do “XIV Encuentro de Poetas Iberoamericanos” en Salamanca



(Premer nas imaxes para unha mellor lectura)
Hoxe recibín o programa oficial do “XIV Encuentro de Poetas Iberoamericanos” (do que xa falamos aquí), unhas xornadas que se celebrarán na cidade de Salamanca os vindeiros 5 e 6 de outubro, organizadas pola Fundación Salamanca Ciudad de Cultura e cuxo coordinador é o poeta e profesor da Universidade de Salamanca (USAL) Alfredo Pérez Alencart. Nesta edición o país homenaxeado será Arxentina, na voz do poeta Hugo Mujica. A miña intervención no Teatro Liceo será o mércores 5, logo do saúda do alcalde salmantino e da lectura de poemas de Mujica, e deseguida será a quenda poética de Milena Rodríguez (Cuba), Luís Arturo Guichard (México), Paulo de Tarso Correia de Melo (Brasil) e Jesús Losada (España). E na xornada do xoves os poetas Enrique Gracia Trinidad (España), José Agustín Haya de la Torre (Perú), Javier Burguillo (España), Ana Agustín (España), Hugo Milhanas Machado (Portugal), José Antonio Valle Alonso (España), Pedro Tarquis (España) e Cristina Falcón Maldonado (Venezuela).

Esta entrada foi publicada en Antoloxías, Encontros, Poesía, Presentacións. Garda a ligazón permanente.

2 respostas a Programa do “XIV Encuentro de Poetas Iberoamericanos” en Salamanca

  1. Pingback: As crebas » Poemas (XV): Como el mar, de Hugo Mujica

  2. Pingback: As crebas » Na homenaxe ao poeta Hugo Mujica, en Salamanca

Os comentarios están pechados.