Primeiro de decembro, con Eduardo Blanco-Amor


(Premer na imaxe para unha mellor lectura)
O Centro PEN Galicia fai un convite público para participar na VIII Xornada de Homenaxe a Eduardo Blanco-Amor que organiza anualmente o primeiro de decembro en Ourense. Desta volta terá lugar ás doce da mañá (ao mediodía) no cemiterio de San Francisco, coas intervencións do poeta Luís González Tosar, presidente da entidade, e do narrador Bieito Iglesias. Razóns laborais impedirán a nosa presenza, mais de podermos non habería dúbida á hora de estar nesta sentida homenaxe que conmemora a unha das cimeiras da nosa literatura nacional.

Esta entrada foi publicada en Ensaio, Estudos literarios, Historia, Lingua, Manifestos, Narrativa, Poesía, Teatro, Xornadas. Garda a ligazón permanente.