Presentación ou lanzamento de Breizh (Toxosoutos), este xoves, día 7 de febreiro, ás oito da tardiña, na compostelá Libraría Couceiro


Este xoves, día 7 de febreiro, ás oito da tardiña, a compostelá Libraría Couceiro vai acoller a presentación ou lanzamento do meu libro de poemas Breizh (Toxosoutos).
No acto terán a palabra
David G. Couso, director literario da editorial Toxosoutos e
Xosé Mª Lema Suárez, presidente do Semescom (Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte) e autor do Limiar.
Nota Bene: As persoas asistentes recibirán un sobre ou envelope que inclúe un pequeno agasallo como gratificación extraordinaria.
Agardamos contar coa túa presenza. No entanto, podes achegarte ao libro nesta recensión do crítico e profesor Ramón Nicolás, publicada na súa bitácora cadernodacrítica ou nesta lectura persoal do crítico e escritor Xesús González Gómez.
Saúde, Poesía e unha aperta atlántica,

Esta entrada foi publicada en Poesía, Presentacións. Garda a ligazón permanente.