(Xurado do VII Premio de Poesía Caixanova que decidiu outorgarlle o galardón a Luís Valle Regueiro (Lugo, 1977) pola obra A caída. De esquerda a dereita: Luís González Tosar, escritor e presidente do PEN de Galicia; Guillermo Brea, director da Obra Social da extinta Caixanova; eu propio; Anxo Angueira, poeta e profesor da Universidade de Vigo; Elvira Riveiro, poeta, e Ramón Nicolás, crítico literario. Foto elcorreogallego)
Velaquí a primeira parte do texto que lin na presentación:
FEDOR, A MORTE COMO MATERIA POÉTICA
A finais do 2008 formei parte do xurado que lle outorgou o VII Premio Caixanova a un libro intitulado A caída (Pen Clube de Galicia, col. Arte de Trobar, 2009). As deliberacións nunca se poden nin se deben revelar, por honestidade, mais non fago mal ningún se recordo que fun dos que máis teimou en que o galardón fose para o devandito libro e, por razóns obvias, asistín con moita expectación á apertura da plica que nos veu a descubrir o nome de Luís Valle Regueiro (Lugo, 1977). E foi unha descuberta tamén porque podo dicirlles que Luís Valle naceu para a literatura galega nesa xornada, xa que no seu currículo creativo (onde xa había tamén outros premios) o idioma da escrita literaria era o castelán.
E alégrome de que Luís Valle se sentise incorporado á nosa lingua e á nosa literatura, como se reafirmou ao gañar o XXIII Premio Eusebio Lorenzo Baleirón de poesía que concede o Concello de Dodro, por este poemario Fedor que presentamos esta tarde na casa da palabra da libraría Couceiro.
Descoñezo que outros libros concorreron neste certame, mais un libro coma Fedor honra moito a memoria de Eusebio Lorenzo Baleirón por varias razóns, dunha banda polo alento e o pouso clásico que comparten o estro dos dous poetas, pola querencia por un certo hermetismo, polo culturalismo e o coidado formal que deitan os versos e, sobre todo, pola presenza da morte e do temor perante á desaparición que paira polas páxinas de Fedor coma antes o fixera nese magnífico libro de Eusebio que se titulou A morte presentida (1988, póstumo, pois o poeta morreu con 24 anos o 14 de decembro do 1986).
Que hai de alento e pouso clásico en Fedor? Pois sen dúbida o tratamento da morte como materia poética, que xa existe nos clásicos greco-latinos, e eu citaría por pracer estético a súa presenza nas Tristia de Ovidio e que chega até a contemporaneidade, abonda con lembrarmos ese inesquecible verso de Cesare Pavese: “Verrà la morte e avrà i tuoi occhi” (Virá a morte e terá os teus ollos”). O verso de Pavese sen estar tamén paira sobre o libro, pois apenas hai citas no libro de Luís Valle, tan só o poeta latino Terencio (Veritas odium parit, a verdade enxendra o odio) e outra do poeta alemán de orixe xudía Paul Celan (droben, im gedicht, aló enriba, no poema), alén dunha adicatoria a Antonio Gamoneda.
Paul Celan non podemos esquecer que tamén é autor dun magnífico poema que na tradución española de José Luís Reina Palazón publicada en Trotta levaba o título de “Fuga de la muerte” (Todesfuge) e para Antonio Gamoneda tamén é algo recorrente, abonda con lembrar estes versos do seu Libro del Frío (1992): “pero tú pesas en mi corazón y, como una miel oscura, yo te siento en mis labios al ir hacia la muerte”.
“A tres nenas mortas nun tempo de espanto” é a dedicatoria que abre este Fedor, así que non podemos sorprendernos de que a morte sexa a columna vertebral do libro e que esa palabra sexa un termo reiterado nas súas páxinas.
crebas twitter
-
Artigos recentes
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
- Lanzamento da edición facsimilar de Estebo, de Xosé Lesta Meis, co estudo introdutorio “Unha voz crítica da emigración galega a Cuba” da miña autoría (Obra de libre descarga)
- «Gaza on fire / Xenocidio televisado», poema na antoloxía de solidariedade Cantos de dor e liberdade
- «Pondal, Martelo e López Abente subiron de novo aos Penedos», a crónica de Xela Cid do roteiro literario polos Penedos de Pasarela e Traba organizado polo Semescom
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta