Presentación en Compostela de Versos no Olimpo. O monte Pindo na poesía galega (martes, 25 de xuño)


(Fotografía da cuberta: Maribel Longueira)
Despois do lume novo, o martes 25 de xuño, ás oito da tardiña, na compostelá libraría Couceiro vaise presentar ao público o volume Versos no Olimpo. O monte Pindo na poesía galega, editada por Toxosoutos, que tiven a honra e o pracer de coordinar cabo de Francisco “Chisco” Fernández Naval, por encomenda da Asociación Monte Pindo Parque Natural.
Nesta ligazón pódese ler a anotación que escribín para darmos a benvida a esta singular obra, e daquela reproducín o Limiar que asinamos no último mes do ano 2012 ambos e dous coordinadores.

Esta entrada foi publicada en Antoloxías, Poesía, Presentacións. Garda a ligazón permanente.