Presentación de Fedor, de Luís Valle Regueiro, mañá na libraría Couceiro


(Luís Valle en Dodro, fonte El Correo Gallego)

(Premer na imaxe para unha mellor lectura)
Mañá, xoves 27 de outubro, ás oito da tardiña, estaremos novamente pola Libraría Couceiro para presentarmos Fedor, o último libro de poemas de Luís Valle Regueiro, publicado por Sotelo Blanco, que gañou o XXIII Premio Eusebio Lorenzo Baleirón, convocado polo Concello de Dodro e coordinado pola poeta Helena Villar Janeiro, e do que xa está en marcha a convocatoria deste ano. O xurado estivo formado polo alcalde Arturo Díaz (presidente), a concelleira de cultura Victoria Rei Mariño (secretaria); os poetas Daniel Costas, que gañou a anterior edición do certame co libro conservas; Modesto Fraga; Ánxeles Penas e Dolores Vilavedra, crítica literaria e profesora da USC, quen salientaron “a profundidade temática, a orixinalidade das imaxes, a musicalidade e un impecable coidado da lingua”.
Non adiantarei as palabras da miña presentación, que se recollerá nesta bitácora. No entanto, pódese ler unha recensión do libro publicada polo amigo Armando Requeixo no seu blogue Criticalia.

Esta entrada foi publicada en Poesía, Presentacións, Recensións. Garda a ligazón permanente.