(Fotos de Xosé Manuel Lobato. Premer na imaxe para agrandar o tamaño)
Estivemos por aló a principios de setembro e moito antes do que pensaba regresamos e puidemos completar o fermosísimo roteiro PR. AS – 27 “Ruta del desfiladero de Bustelín”, tamén coñecido como “Ruta Cueva da Osa” (perfectamente descrito neste blogue). Desta volta acompañado do escritor Xosé Manuel Lobato e da súa compañeira Loli e facendo noite outra vez na casa de turismo rural Chao de Castro, en Riodeporcos (Concejo de Ibias), da que xa falamos ben nesta bitácora: «Esta casa de aldea foi restaurada con magnífica sensibilidade polos seus propietarios e goza dunhas excelentes instalacións (tamén un hórreo, un pombal e outras dependencias). Alén diso, a hospitalidade e o bo facer dos seus donos, Elma e Roberto, fai do espazo un lugar de acollida encantador, sen esquecermos a boa calidade dos almorzos, xantares e ceas, case sempre con produtos colleitados na propia aldea (a horta, o mel, as marmeladas, o suave viño que non se sobe á cabeza, …)».
A camiñada foi devagar e levounos case sete horas, por iso estou a xantar pan e queixo nunha das fotos. O roteiro principia en Riodeporcos e andamos todo o desfiladeiro do río Bustelín, a primeira parada foi no lugar abandonado de Bustelín, que impresiona e deixa certa emoción ao reflexionarmos sobre as xentes que poboaron e traballaron arreo para ergueren casas, algunha delas de enormes dimensións e onde se pode observar a arquitectura tradicional coas cortes para o gando no andar inferior e a vivenda no superior. Tamén os alpendres e os fermosos valados testemuñan a pegada do ser humano. Ao chegarmos a unha pontella de madeira que cruza o río Bustelín, hai dúas opcións ir cara a Busto ou cara á Penedela, aínda que aquí o roteiro faise circular, para arrodear por completo a Pena da Aiga, e chégase a este mesmo punto. Na anterior visita escollemos ir até Penedela, sen chegarmos pois a caída da tarde aconsellou rematar pouco máis aló da chamada Cova da Osa. Desta volta, por consello de Roberto, fixemos primeiro a subida até Busto, realmente dura nalgúns tramos mais tamén impresionante pola rotundidade do desfiladeiro e a presenza impoñente da Pena Forcada e do Alto dos Visos. A chegada a Busto xa nos fala dun lugar habitado, pois os agros están traballados. De primeiras aparece a antiga capela popular, pequena, con cuberta a tres vertentes, pórtico e unha cancela de barrotes. No interior, de madeira con chan de lousa, as imaxes do San Ildefonso, patrón, e do San Antonio de Padua e do San Benito de Palermo. A lenda conta que na ara do altar facíanse tres cruces para afuxentar as tormentas “cando o pan estaba madurando”. Ao pasarmos Busto, e para repoñer as calorías perdidas da subida, fixemos un alto á sombra para o xantar. Logo doutra breve subida comeza a baixada até a Peneda, que posúe unha ermida adicada a Santa Eufemia. Aquí principia unha pista que baixa até a Penedela, sen outro interese que ollar os cultivos nas abas da montaña, ás veces en socalcos, e moitas albarizas. Antes de entrarmos en Penedela atopamos outra capela, semellante á de Busto, adicada a San Antonio de Padua. Na contorna estaban as antigas explotacións mineiras, que non visitamos mais que se intúen porque aínda se albiscan zonas de cascallos. Outra curta subida, que se fai máis longa polo cansazo, e chegamos até a Cova da Osa, aínda que a cavidade non impresiona moito malia a súa denominación. E xa logo de novo a baixada até a pontella que cruzaba o río Bustelín, pasando polo “Cortín da Capilla” e por debaixo da “Pena-Llá”, entre sobreiras e castiñeiros. De feito antes de chegar ao punto que pecha o círculo aínda se poden ollar (e ler a súa historia grazas a un interesante panel explicativo) as “corripas”, construcións circulares de pedra, onde se gardaban os ourizos recollidos con fustes, até desprendérense, e daquela encher as sacas de castañas. Axiña o río, moi escaso de auga (e polo tanto de troitas, para desconsolo de Lobato) e xa o regreso de novo por Bustelín. A nós aínda nos agardaba a cea gorentosa e variada de Elma e o suave viño elaborado por Roberto. Velaquí unha montaxe atopada na rede que percorre moitos dos lugares sinalados.
crebas twitter
-
Artigos recentes
- Lectura no Pico Sacro do poema “Apuntamentos para unha «Alba de Groria»” no Roteiro polos espazos vitais e literarios de Castelao na Estrada
- Entender para vivir, un libro e un recital para lembrar a escritora coruñesa Luísa Villalta
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
- Lanzamento da edición facsimilar de Estebo, de Xosé Lesta Meis, co estudo introdutorio “Unha voz crítica da emigración galega a Cuba” da miña autoría (Obra de libre descarga)
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Outubro 2024 (1)
- Setembro 2024 (1)
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta
No es Cueva de la Osa, su nombre correctoes Cueva del Oso. Se corresponde con una calicata de extracción de hierro.
Graciñas pola precisión, mais nas guías que nos deron e que manexamos figura Cueva de la Osa. Saúdos cordiais.