Poesía galega completa, de Víctor Campio Pereira


Víctor Campio visto por Marcos de Abeleda no ano 1983 e portada da súa obra poética reunida
Na Ínsua dos Poetas e dos Artistas compartín lectura con Víctor Campio Pereira. O Pen Clube de Galicia publicou na súa colección “Arte de Trobar” a súa poesía galega completa, que comentei tamén para Grial.
Principiei por salientar certa imprecisión no subtítulo Poesía reunida (1987-2006), pois aínda que o primeiro libro é unha edición de autor de 1987, a maioría dos poemas foron escritos nas décadas 50 e 60, como anota o editor Manuel Outeiriño. De O ar que nos leva (1987) salientan as imaxes existenciais e a temática memorialística. Por esa voz (s. d.) recolle 18 composicións dispersas de diferentes períodos. Perdida luz (2000) confirma o feitío clásico de Campio con notoria presenza da paisaxe e de versos relixiosos. En Exilio digno (2006) os “Sonetos da memoria” retoman o seu estro civil ao seren escritos para homenaxear os republicanos fusilados no Furriolo.
A recensión completa está recollida en poesiagalega.org

Esta entrada foi publicada en Poesía, Recensións. Garda a ligazón permanente.