
Velaquí as versións de senllos poemas de Suheir Hammad e Dareen Tatour elaboradas para a lectura pública Poesía contra a barbarie. A voz da muller palestina que se vai celebrar mañá en Compostela. Outra acción máis na solidaiedade co pobo palestiniano.
- Suheir Hammad (Ammán, Xordania, 25 de outubro de 1973)
Poeta, escritora, actriz e activista política. Filla de familia de refuxiados palestinos en NY onde reside desde a súa infancia.
O que farei
Non bailarei ao ritmo do seu tambor de guerra.
Non prestarei a miña alma nin os meus ósos ao seu tambor de guerra.
Non bailarei ao seu ritmo.
Coñezo ese ritmo, é un ritmo sen vida.
Coñezo moi ben esa pel que vostede golpea.
Estivo viva aínda despois de cazada, roubada, expandida.
Non bailarei ao ritmo do seu tambor de guerra.
Eu non vou estoupar por vostede,
Eu non vou odiar por vostede,
Nin sequera vou odialo a vostede.
Non vou matar por vostede.
Especialmente, non morrerei por vostede.
Non vou chorar a morte co asasinato nin co suicidio.
Non me poñerei do seu lado nin bailarei con bombas
[porque todos os demais están bailando.
Todos poden estar equivocados.
A vida é un dereito, non un dano colateral ou casual.
Non esquecerei de onde veño.
Tocarei o meu propio tambor.
Xuntarei os meus amados achegados e o noso canto será danza.
O noso zunido será o ritmo.
Non serei enganada.
Non prestarei o meu nome nin o meu ritmo ao seu son.
Bailarei e resistirei e bailarei e persistirei e bailarei.
Este latexo do meu corazón soa máis alto que a morte.
O seu tambor de guerra non soará máis alto que o meu alento.
***
Dareen Tatour, poeta e activista palestina, detida e presa en outubro de 2015 por escribir un poema, “Resiste, pobo meu, temos que resistir”, que se fixo viral. Permaneceu en arresto domiciliario ata que, no 31 de xullo de 2018, foi condenada a 5 meses de cárcere e 6 meses de liberdade condicionada por “incitación á violencia”.
Resistide, pobo meu, temos que resistir
En Xerusalén, vestinme coas miñas feridas e inhalei a miña propia dor,
carguei coa alma desta árabe palestina na palma da miña man
Non vou sucumbir ante a suposta “solución pacífica”
non vou abandonar esta loita
ata que non os bote da miña terra.
Non terán escapatoria
Resistide, pobo meu, temos que resistir
Resistide ao que estes colonos nos roubaron
e continúen a caravana dos mártires
Destruíde a constitución lamentable que nos foi imposta desde a humillación e a degradación,
ademais de nos despoxar de poder recuperar e repoñer con xustiza os danos causados
Prendéronlle lume a nenas e nenos inocentes;
a Hadil atacárona en fronte de todo o mundo e matárona a plena luz do día
Resistide, pobo meu, temos que resistir
Temos que resistir á violenta arremetida destes colonialistas
Temos que ignorar calquera dos seus intentos para interpoñerse entre nós
encadéannos ante a ilusión da suposta solución pacífica
Non lle teñan medo ás dubidosas afirmacións
a verdade que se aloxa nos nosos corazóns é máis forte,
sempre e cando resistamos nesta terra
que sobreviviu entre ataques e vitorias
Alí reclámanos desde a súa tumba:
¡Resistan, rebeldes meus!
Escríbanme como unha prosa sobre madeira de ágar,
os meus restos xa os teñen como resposta
Resistide, pobo, temos que resistir!!!