Poemas (XV): Como el mar, de Hugo Mujica


(De esquerda a dereita no salón nobre do Concello de Salamanca: o chileno Juan Cameron; a venezolana Cristina Falcón Maldonado; o peruano José Agustín Haya de la Torre; Enrique García Trinidad; o mexicano Luis Arturo Guichard; José Antonio Valle Alonso; Jesús Losada; a concelleira de Cultura; o arxentino Hugo Mujica; o alcalde de Salamanca; a cubana Milena Rodríguez; Pedro Tarquis; o portugués Hugo Milhanas; o peruano Alfredo Pérez Alencart; eu propio e Paulo de Tarso Correia de Melo e a súa dona. Fotografía de Jacqueline. Premer na imaxe para agrandar o tamaño)
Tiven o inmenso pracer de escoitar a voz do poeta arxentino Hugo Mujica lendo poemas da súa autoría no decorrer da homenaxe que recibiu no “XIV Encuentro de Poetas Iberoamericanos” (do que tamén falamos aquí e acolá). Hugo Mujica, que é unha persoa entrañable e un magnífico poeta, agasallounos con textos como este intitulado “Como el mar”, incluído na antoloxía La altura del vuelo, que coordinou o poeta Alfredo Pérez Alencart, (onde tamén se recollen varios poemas da miña autoría en versión bilingüe, no orixinal galego e en castelán) e que se publicou como libro deste XIV Encuentro.
Como el mar
Como el mar,
como su derramarse
playas
para permanecer en sí mismo,
así el alma
en la vida,
pero sin albas
ni estrellas que se reflejen
sin luz alguna que
ciegue su transparencia.

Esta entrada foi publicada en Antoloxías, Encontros, Poesía. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta en “Poemas (XV): Como el mar, de Hugo Mujica

  1. Pingback: As crebas » Fotografías do XIV Encuentro de Poetas Iberoamericanos en Salamanca

Os comentarios están pechados.