Apráceme moito a poesía do irlandés Seamus Heaney. De feito, cando era membro da desaparecida e descatalogada colección de poesía Ablativo absoluto (Xerais), a máis fermosa iniciativa editorial da que fixen parte e que publicou vinte títulos, defendín a publicación de Field work / Traballo de campo, que realizou o poeta Vicente Araguas e que viu a luz por volta de 1996. A decisión tomouse antes de que lle deran o Premio Nobel de Literatura en 1995 e iso favoreceu a adquisición dos dereitos.
Porén, debo recoñecer a dificultade da lectura que faría precisar de numerosas notas a rodapé para un maior achegamento á súa lírica tan chea de referencias culturais que nos son alleas. Desta volta nin sequera os comentarios do meu amigo antropólogo Manuel Vilar, bo coñecedor desas terras e da súa poesía, conseguiu minguar a miña insuficiencia á hora de achegarme aos textos do derradeiro libro publicado en castelán Cadena humana (Human chain), pola editorial Visor, en tradución de Pura López Colomé.
O azar levoume a esta páxina especializada no poeta irlandés onde explican polo miúdo, entre outros, un dos poemas que máis chamara a miña atención lectora: «Death of painter» («Muerte de una pintora»), escrito en memoria de Nancy Wynne Jones e que xa vira a luz do xornal irlandés The New Republic o 16 de xuño do 2010.
Nancy Wynne Jones (Dolgellau, 1922-Kinsale, County Cork, 2006) era unha pintora galesa moi vencellada ás nacións celtas, pois tamén fixo estudos no St. Peter’s Loft de St. Ives (fermosa vila costeira de Cornualles, que visitamos o agosto pasado co Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte) e por volta de 1972 escolleu o sur da República de Irlanda para se establecer.
Antes de reproducir o poema, no orixinal e na versión castelá, chamarei de novo a atención (coma xa fixera logo da lectura do libro de relatos Deseo, do escritor irlandés Liam O’Flaherty, en traducción desde o gaélico do narrador, poeta e tradutor sevillano Antonio Rivero Taravillo, que publicou Nórdica Libros) sobre o feito de que lendo as páxinas interiores atopo esta anotación que amosa máis unha a debilidade empresarial do tecido das industrias editoriais galegas:
«La editorial agradece la ayuda económica recibida para la traducción de la Ireland Literature of Exchange (fondo de traducción), Dublin, Irlanda.
www.irelandliterature.com
/ info@irelandliterature.com
E novamente continúo sen entender que non poida ler esta última entrega de Seamus Heaney tamén na nosa lingua.
Death of a Painter
In Memory of Nancy Wynne Jones
Not a tent of blue but a peek of gold
From her coign of vantage in the studio,
A Wicklow cornfield in the gable window.
Long gazing at the hill–but not Cézanne,
More Thomas Hardy working to the end
In his crocheted old heirloom of a shawl.
And now not Hardy but a butterfly,
One of the multitude he imagined airborne
Through Casterbridge, down the summer thoroughfare.
And now not a butterfly but Jonah entering
The whale’s mouth, as the Old English says,
Like a mote through a minster door.
Muerte de una pintora
En memoria de Nancy Wynne Jones
Desde su sitio privilegiado en el estudio,
No un toldo azul sino un dorado atisbo,
Un maizal bajo la ventana en Wicklow.
Envuelta en chal de crochet, una reliquia,
La mirada fija en la colina -no tanto
Cézanne como Thomas Hardy trabajando.
Y ahora ya no Hardy sino una mariposa,
De aquella multitud que imaginó en vuelo
Por Casterbridge, a lo largo del sendero.
Y ahora Jonás entrando, ya no una mariposa,
Por las fauces de la ballena, según el inglés antiguo,
Como una mota de polvo por la puerta del santuario.
crebas twitter
-
Artigos recentes
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
- Lanzamento da edición facsimilar de Estebo, de Xosé Lesta Meis, co estudo introdutorio “Unha voz crítica da emigración galega a Cuba” da miña autoría (Obra de libre descarga)
- «Gaza on fire / Xenocidio televisado», poema na antoloxía de solidariedade Cantos de dor e liberdade
- «Pondal, Martelo e López Abente subiron de novo aos Penedos», a crónica de Xela Cid do roteiro literario polos Penedos de Pasarela e Traba organizado polo Semescom
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta