Poemas (XLV): «The Mine», de John Harris


A emocionante chegada dos mineiros asturianos e leoneses a Madrid fíxonos lembrar a estadía o verán pasado nun museo mineiro en Cornualles (en córnico: Kernow [ˈkɛrnɔʊ]; en inglês: Cornwall; en portugués Cornualha) naquela viaxe organizada polo Seminario de Estudos Comarcais (Semescom), da que moito se falou nesta bitácora.
Esta foi terra de mineiros e aínda se conservan algunhas, malia a dura política de peche exercida sobre todo nos gobernos conservadores de Margaret Thatcher (como ben narran películas como Brassed off (1997, traduciuse por Tocando el viento, aínda que esta transcorre no norte de Inglaterra) de Mark Herman ou tamén Kes (1969) do noso amado Ken Loach, quen hai ben pouco envioulle aos mineiros asturianos e leoneses o seu apoio). Minas de Inglaterra, País de Gales e Cornualles son hoxe xa Patrimonio Mundial da Humanidade.
A mañá do 24 de agosto do 2001 transcorreu a nosa interesante visita ao King Edward Mine Museum, que está moi ben explicado por vellos mineiros voluntarios. Tamén falan desta xornada as crónicas da viaxe realizadas polo presidente do Semescom, Xosé María Lema Suárez, que con profusión de detalles, realizou unha áxil narración do noso percurso polas terras córnicas e da que xa se deu conta nesta anotación. Esta outra anotación recolleu a crónica do antropólogo Manuel Vilar que foi o noso guía , pois xa tiña percorrido estas terras hai máis de dúas décadas. E, finalmente, esta anotación recolle o video realizado por Emilio Roca (no museo mineiro entre os minutos 7:10 a 8:40).
Das fotos que a miña cámara fixo aquela mañá rescato dúas, unha delas fai referencia ás enfermidades dos mineiros, concretamente ao panel que falaba da silicose. Fixen deter o obxectivo aquí porque a silicose foi doenza que matou ou enfermou gravemente a moita xente da miña comarca, polos traballos para Carburos Metálicos (hoxe denominada Ferroatlántica) e mesmo na década dos sesenta circulou un anónimo Libro negro que denunciaba esta grave problemática.
Outra recolle a presenza dos poetas, neste caso o poeta córnico John Harris, autor do máis impresionante poemario escrito sobre as minas e os mineiros que coñezo, Carn Brea (1863), que se pode ler completo aquí. Porén, agora reproduzo o inicio doutro poema intitulado «The Mine», e que se pode ler completo nesta ligazón.
The Mine
A mine spread out its vast machinery.
Here engines with their huts and smoky stacks,
Cranks, wheels, and rods, boilers and hissing steam,
Pressed up the water from the depths below.
Here fire-whims ran till almost out of breath,
And chains cried sharply, strained with fiery force.
Here blacksmiths hammered by the sooty forge,
And there a crusher crashed the copper ore.
Here girls were cobbing under roofs of straw,
And there were giggers at the oaken hutch.
Here a man-engine glided up and down,
A blessing and a boon to mining men:
And near the spot, where many years before,
Turned round and round the rude old water wheel,
A huge fire-stamps was working evermore,
And slimy boys were swarming at the trunks.
The noisy lander by the trap-door bawled
With pincers in his hand; and troops of maids
With heavy hammers brake the mineral stones.
The cart-man cried, and shook his broken whip;
And on the steps of the account-house stood
The active agent, with his eye on all.
(…)
(A seguir as fotografías de noso. Premer nas imaxes para agrandar o tamaño)


Esta entrada foi publicada en Fotografía, Historia, Poesía, Roteiros. Garda a ligazón permanente.