Poemas (XLIII): «Haiku», de Patricia Donegan


Esta noite,
Como muitas sem amante,
Vou fazer pão
Enterrando os nós dos dedos
Na massa suave
Haiku de Patricia Donegan
Os haikus ou haicai do meu libro inédito Breizh seguen a escrita máis clásica na forma (estrutura de tres versos brancos de cinco-sete-cinco sílabas), porén están desprovistos da espiritualidade oriental.
Non é o caso da obra de Patricia Donegan, unha poeta, tradutora e promotora do haiku ou haicai coma unha práctica de concienciación (isto ten moito a ver coa súa concepción clásica deste poema, relacionada co seu budismo).
De feito, no seu libro Haiku Mind sinala: “Haiku, the Japanese form of poetry written in just three lines, can be miraculous in its power to articulate the profundity of the simplest moment”.
Estudou na facultade poética de East-West na Naropa University (Colorado) co beatnik Allen Ginsberg e co mestre do budismo tibetano Chögyam Trungpa e tamén posúe amplos coñecementos da lingua e da cultura xaponesa. A raíz destes estudos converteuse en profesora de meditación, editora poética para o Kyoto Journal e pertence á Haiku Society of America. Publicou obras coma Haiku Mind: 108 Poems to Cultivate Awareness e Chiyo-ni: Woman Haiku Master (co-traducido con Yoshie Ishibashi), Haiku: Asian Arts for Creative Kids ou Without Warning.
Patricia Donegan tan só é unha pequena mostra do interese dos escritores e das escitoras estadounidenses por esta versificación de orixe oriental, como se pode ler nesta ligazón, onde atopamos nomes abondo coñecidos da literatura contemporánea e case todos os poetas da denominada xeración beat.

Esta entrada foi publicada en Antoloxías, Arte, Poesía. Garda a ligazón permanente.