Poemas para o Monte Pindo (II)


(Fotografía do portal www.montepindo.org)
A xente do xornal dixital quepasanacosta faise eco da nosa convocatoria para editarmos unha antoloxía de poemas para o Monte Pindo, que coordinamos os escritores Francisco “Chisco” Fernández Naval e eu propio e da que xa falamos aquí. Malia o prazo rematar o derradeiro día do mes de outubro xa principiaron a chegar os primeiros poemas, algúns deles totalmente inéditos. Gardamos estes textos sen desvelar até a presentación da antoloxía, mais como adianto velaquí vai un breve poema do meu irmán Rafa Villar que se publicou no seu libro A sotavento dunha singradura (Espiral Maior, col. Illa verde, 1995).
carabela de xeada somos
en enviso verso pimentel
de pedras pindas, eu digo,
e mar fisterra
ennobelando pasado e presente
co fío infindo
dun mañá incerto nos anais da terra.
a historia, fulxente espiral, agardará por nós
Rafa Villar

Esta entrada foi publicada en Antoloxías, Poesía. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta en “Poemas para o Monte Pindo (II)

  1. Pingback: As crebas » Aberta a suscrición popular ou «crowdfunding» para a antoloxía poética Monte Pindo Parque Natural

Os comentarios están pechados.