Poemas (LXXIII): «A um poeta», de Olavo Bilac

OlavoBilac
Onte, 16 de decembro do 2014, fixéronse os 149 anos do nascimento do poeta brasileiro Olavo Bilac, membro fundador da Academia Brasileira de Letras, que en 1907 foi eleito príncipe dos poetas brasileiros, do que sempre admirei nomeadamente os seus sonetos. Non é de estrañar, xa que o meu primeiro libro Ausencias pretéritas (Espiral Maior, 1992) era un sonetario e tamén o foi o cuarto Equinoccio de primavera (Esquío, 1998). Neste último hai un soneto no que deixo no primeiro verso unha homenaxe a Olavo Bilac.
Nesta anotación reproduzo un dos sonetos da súa autoría máis coñecidos e polo que sempre tiven devoción lectora e deseguida vai o meu propio soneto. Velaí:
A UM POETA
Longe do estéril turbilhão da rua,
Beneditino, escreve! No aconchego
Do claustro, na paciência e no sossego,
Trabalha, e teima, e lima , e sofre, e sua!
Mas que na forma se disfarce o emprego
Do esforço; e a trama viva se construa
De tal modo, que a imagem fique nua,
Rica mas sóbria, como um templo grego.
Não se mostre na fábrica o suplicio
Do mestre. E, natural, o efeito agrade,
Sem lembrar os andaimes do edifício:
Porque a Beleza, gêmea da Verdade,
Arte pura, inimiga do artifício,
É a força e a graça na simplicidade.
Olavo Bilac
DECLARACIÓN (I)
T’estimo: sóc la pluja que amara l’enderroc
MARIA-MERCÈ MARÇAL
Coma un hendecasílabo dos que escribiu Olavo
Bilac, de ritmo grácil e de amorosa man,
no teu recordo xorden os versos de sedán.
Ámote: son o acorde que se eleva do cravo.
Coma a luz de cor branca que esperta todo o cabo
desde os faros fisterra, vilán ou touriñán,
no teu leito alborecen os ollos de mañán.
Ámote: son a xerfa que encanece o mar bravo.
Coma a hedra perenne que sobe o muro antigo,
no teu corpo enraízan o polgar e o maimiño.
Ámote: son o lazo que abraza o envurullo.
Como o líquido fértil que molla o gran de trigo,
no teu rostro descenden o bico e o aloumiño.
Ámote: son a chuvia que embebe o cascabullo.

Esta entrada foi publicada en Poesía. Garda a ligazón permanente.