Paradoxo: maior presenza nalgunhas bibliotecas foráneas que na maioría das galegas



(Premer nas imaxes para unha mellor lectura)
O antropólogo muxián Manuel Vilar fíxose bo coñecedor dalgunhas bibliotecas (que en inglés reciben o nome de library) británicas ou norteamericanas nas súas estadías neses territorios. E fíxome saber uns datos que me abraian e que resultan paradoxais: resulta que a obra da miña autoría ten maior presenza nalgunhas bibliotecas foráneas que na maioría das galegas.
Tal e como reproduzo nas dúas imaxes anteriores, na londinense British Library hai até cinco volumes coa miña sinatura (imaxe 1), mesmo algún deles xa totalmente esgotado e imposible de atopar por estes lares, e na Library of Congress estadounidense (imaxe 2) figura a miña sinatura en seis volumes. Son cifras que sorprenden, pois unha procura aleatoria en varias bibliotecas galegas dá un número de rexistros menor, ás veces incluso moito menor, o que di moito das políticas culturais que padecemos a respecto da adquisición de fondos para as nosas bibliotecas públicas. Para que serviu pois a finiquitada Dirección Xeral do Libro, Arquivos e Bibliotecas? Para que serve pois a creada Mesa do Libro? Por que as nosas bibliotecas, agás o mastodonte do Gaiás e algunhas poucas máis, non poden contar con exemplares de cada libro que se publica no noso País?
Moito temos que aprender aínda de fóra.
A British Library contaba (e segue a medrar) coa posibilidade de consultar 14 millóns de libros; 920.000 cabeceiras de xornais e revistas ou 3 millóns de gravacaións de artes, ciencias. Humanidades e outras moitas materias.
Máis grande aínda (e tamén as medrar) son as coleccións da Library of Congress que inclúe máis de 32 millóns de libros catalogados e outros materiais impresos en 470 linguas; máis de 61 millóns de manuscritos; 1 millón de exemplares de xornais de todo o mundo dos últimos tres séculos world newspapers spanning the past three centuries; 33.000 volumes de xornais encadernados; 500.000 microfilmes; máis de 6000 títulos de novelas gráficas ou cómics; filmes; 5,3 millóns de mapas; 6 millon work; 3 millóns de gravacións ou máis de 14,7 millóns de cartaces e imaxes fotográficas.

Esta entrada foi publicada en Ensaio, Estudos literarios, Narrativa, Poesía. Garda a ligazón permanente.

2 respostas a Paradoxo: maior presenza nalgunhas bibliotecas foráneas que na maioría das galegas

  1. leitor di:

    Estás a mezclar allos e bugallos 🙂
    A BL e a LOC son Bibliotecas nacionais, dun tamaño incomparable coas galegas. E ambas teñen un programa de compra de libros extranxeiros moi importante.
    Dos teus libros ten que haber un exemplar polo menos no Gaias, outro na provincial da provincia na que se editou, e tres na Nacional en Madrid. Eso por depósito legal.
    Logo a Xunta, antes, creo que mercaba 300 exemplares de cada libro para repartirlle ás bibliotecas galegas.
    Tes razón en que a dotación de materiais nas bibliotecas galegas é insuficiente. Tamén é insuficiente a dotación en persoas. Eche o que hai. Imos máis ou menos uns 40 anos atrasados respecto ao mundo civilizado.
    Fixeronse avances moi rápidos, seguro que te decatastes se usastes as bibliotecas publicas das grandes cidades, pero é tanto o atraso, que hai ainda moito que andar. E agora o camiño é costa arriba.

    • Anónima lectora ou anónimo lector.
      Para nada considero que se mesturen allos con bugallos. BL e LOC son bibliotecas “nacionais” coma ben dis, mais de estados estranxeiros e afastados da nosa cultura. As bibliotecas galegas, agás os exemplares do DL qu están onde dis, non teñen dotación para a merca de exemplares das novidades (seino ben porque entre as miñas amizades hai bibliotecarias e bibliotecarios).
      A merca de exemplares por parte da Consellaría minguou moito (podes consultarllo a calquera editorial) e os que se mercan non che sei onde van parar, porque ás bibliotecas non chegan. Fáloche por exemplo dunha biblioteca municipal de tamaño medio-grande como a da vila de Cee. E os propios concellos tampouco invisten nesta dotación.
      Polo demais concordo plenamente co que dis. Saúde e unha aperta literaria.

Os comentarios están pechados.