Palestra sobre a obra de Florencio Delgado Gurriarán organizada por «Valdeorras Infinda»

O colectivo cultural «Valdeorras Infinda» foi a primeira entidade fóra do territorio valdeorrés en organizar eventos para a difusión da vida e da obra de Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2022. A serie de palestras que se desenvolveu desde os inicios de ano está dispoñibilizada na rede para a súa escoita. E na recuada data do 28 de xaneiro de 2022 acudín á chamada de «Valdeorras Infinda» para unha palestra que tivo lugar no local social da activa Asociación Cultural «Alexandre Bóveda» na coruñesa Rúa dos Olmos.

Velaquí diferentes ligazóns para quen teña interesa en escoitar a palestra, na que fun presentado de maneira xenerosa polo profesor Manuel Agra Villar, quen recentemente vén de se xubilar na súa praza de docente de Lingua e Literatura Galega no IES Martaguisela do Barco de Valdeorras e a quen lle desexamos moitos azos na nova etapa da súa vida persoal.

* Conferencia de Miro Villar sobre a obra de Florencio Delgado Gurriarán que deu na Coruña convidado polo grupo «Valdeorras Infinda»

https://www.ivoox.com/unha-aproximacion-a-obra-literaria-florencio-delgado-audios-mp3_rf_81548372_1.html

https://go.ivoox.com/rf/81548372

Esta entrada foi publicada en Biografía, Efemérides, Estudos literarios, Gravacións, Historia, Lingua, Memoria Literaria, Poesía. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta