(Premer na imaxe para agrandar o tamaño)
Todo o mundo sabe que mañá, 23 de abril, por iniciativa da UNESCO, aprobada nesta resolución de 1995, é a data escollida para celebrar o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor/a. E todo o mundo fará mención da primeira parte do enunciado desta conmemoración, mais poucas e poucos han facer recordatorio da segunda parte: Día Mundial dos Dereitos de Autor/a.
A miña experiencia de publicación nunha ducia de editoriais diferentes (algunha xa desaparecida) faime coñecedor como autor de que o mundo editorial galego fai moitas veces escarnio de nós e da nosa obra, por non falar directamente de pirataría ou de roubo.
Co meu periplo editorial podo dar fé e testemuñar o que supoñemos as autoras e os autores para as empresas que nos publican a respecto dos Dereitos de Autor/a que asinamos nos nosos contratos. A casuística é variada. Velaquí.
1º) No lado positivo estarían as dúas editoras máis profesionalizadas do País: Galaxia e Xerais. Na miña relación con elas podo dicir que ambas e dúas liquidan de maneira escrupulosa a porcentaxe dos Dereitos de Autor/a, aínda que a cifra de vendas sexa mínima a autora ou o autor recibe sempre a correspondente liquidación (ese exigüo 10% de cada obra, que pode baixar até o 7% ou o 5% se a obra é ilustrada e hai que partillar os dereitos coa autora ou autor das ilustracións).
2º) Nun segundo grupo, e a partir de agora non citarei nomes para seguir a ter no futuro onde publicar o que escriba, estarían aquelas que ás veces liquidan unha cantidade, non sempre, ou que cando menos permiten que a liquidación sexa transferida a cambio exemplares da propia obra. Son empresas con problemas que aceptan este sistema co que a autora ou o autor cando menos pode obter algunha mínima recompensa do seu traballo.
3º) Nun terceiro grupo, e aquí principia o peor do mundo editorial galego, están aquelas empresas que non contestan as reclamacións sobre esas contías e que nunca, absolutamente nunca, liquidan un céntimo de euro polos Dereitos de Autor/a.
4º) E, finalmente, as empresas máis piratonas que vou exemplificar cunha anécdota persoal, aínda sen revelar o nome da editorra. Hai uns anos fun convidado por un instituto a un encontro co seu alumnado de secundaria e desde a biblioteca ou do equipo de normalización lingüística, que para o caso é o mesmo, solicitam exemplares dunha obra da miña autoría a unha editorial. Pois ben, contestaron que non era posible porque o título en cuestión levaba tempo esgotado. Pasou o día e a súa romaría e de alí a unhas semanas empezaron a aparecer exemplares da obra en diferentes librarías. Que aconteceu? É obvio. Unha práctica que existe, por máis que sexa indemostrable, que a editorial fixera unha nova tiraxe sen llo comunicar ao autor, así de sinxelo.
Ata aquí a miña experiencia persoal que moitas e moitos autores do noso País poderían acrecentar, de feito teño escoitado historias semellantes ou aínda máis ruíns en boca de escritoras/es amigas/os.
Por esta razón, mañá, 23 de abril, eu sen deixar de conmemorar a primeira parte do enunciado desta data, Día Mundial do Libro, centrareime en reivindicar s segunda parte, Día Mundial dos Dereitos de Autor/a. E xa quixera para nós unha campaña como esta, que realizan conxuntamente a BBC e as escritoras e os escritores británicos.
crebas twitter
-
Artigos recentes
- «Os artigos literarios de Baldomero Cores Trasmonte no diario vespertino La Noche», en Grial 243
- Lectura no Pico Sacro do poema “Apuntamentos para unha «Alba de Groria»” no Roteiro polos espazos vitais e literarios de Castelao na Estrada
- Entender para vivir, un libro e un recital para lembrar a escritora coruñesa Luísa Villalta
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Novembro 2024 (1)
- Outubro 2024 (1)
- Setembro 2024 (1)
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta
Pingback: As crebas » «Dereitos de autor? Non me fagas rir…», asisado artigo de Xerardo Méndez
Pingback: Dereitos de autor? Non me fagas rir… | Abaneando
Pingback: O mundo editorial galego: das empresas que cumpren ás que practican a piratería | Letra en Obras