Os insondables misterios do mundo editorial galego (II)


Toc, toc. Hai algún editor sensible por aí?
Un verán atopei en Porto un libro para primeiros/as lectoresas que me namorou. Tempo despois fixen unha versión galega de O LIBRO INCLINADO de Peter Newell, porque considero que este libro debería estar na nosa lingua. Este marabilloso conto rimado está publicado por Thule en castelán e en catalán, e por Orfeu Negro en portugués (por certo, esta última versión é a que máis se afasta do orixinal inglés, certo é que facer unha tradución en verso e rimada non é nada doado, e mesmo pódese entender que haxa expresións e xiros idiomáticos intraducibles, mais Rui Lopes recrea demasiado). O orixinal data de 1910, polo que estaría libre de dereitos, ou iso creo. Hai tempo que teño preparada a tradución rimada á nosa lingua, diferente en moitos aspectos da portuguesa e da castelá. Pois ben, xa van seis editoras galegas (cuxo nome prefiro non lembrar) que rexeitaron publicar este conto. Difícil de entender, non?

Esta entrada foi publicada en Contos, Infantil. Garda a ligazón permanente.