(Premer na imaxe para agrandar o tamaño)
Poucos días despois de ver a luz este volume morría o 8 de novembro en París a editora, escritora e tradutora galega Aurora Bernárdez, quen foi a primeira muller de Julio Cortázar e quen tamén o acompañou nos seus últimos días en 2004, e un dos testemuños fundamentais para Francisco Fernández Naval na elaboración destas páxinas. Se o libro nacía coa explícita vontade de homenaxe ao escritor arxentino no ano do seu centenario, agora tamén vai servir para honrar a memoria de Aurora. De feito, mesmo a fotografía da portada (Cortázar no Cruceiro da Ramallosa en agosto do 1957) e unha ducia de imaxes recollidas en apéndice pertencen ao seu arquivo fotográfico, que por desexo da autora fai parte desde 2006 do patrimonio que atesoura o CGAI (Centro Galego das Artes da Imaxe) baixo o rótulo «Fondo de Aurora Bernárdez», nunha xenerosa contribución de incalculable valor para o estudo cortazariano e para a literatura universal.
No preámbulo, intitulado «Herborizar ou arborizar», Fernández Naval explica que estamos perante un volume que revisa e agranda con novas achegas eruditas, con novos datos de investigación e con materiais novidosos de escritoras e escritores nosos aquel libro da súa autoría, tamén publicado pola mesma Ediciones Linteo en 2006 co título Respirar polo idioma: Os galegos e Julio Cortázar e a súa posterior edición castelá en Corregidor de Buenos Aires (2007). Así sabemos, que esta última, máis completa, é a cerna á que se lle engade unha terceira parte «Arborizar», de homenaxe, con seis capítulos que reflicten a presenza de Cortázar na cultura galega contemporánea.
Nestas páxinas é onde aparece reflectida a miña contribución ao inquérito que me enviara Chisco Fernández Naval. Velaquí:
Miro Villar (1965) iniciouse na lectura dos autores do denominado “boom” latinoamericano, a través do libro de relatos Ojos de perro azul, de Gabriel García Márquez, e así, indo dun libro e dun autor a outros, axiña chegou a Julio Cortázar, con dezaseis ou dezasete anos. Dende entón, sempre mantivo con el un vínculo de interese e de complicidade. Coincidiu ese período de iniciación, coa revolución sandinista, que espertaba en Miro o entusiasmo que as causas xustas causan na mocidade, polo que se empapou daquel Nicaragua, tan violentamente dulce, que Cortázar dedicou ao pobo nicaraguano e que Miro segue considerando un libro marabilloso, por máis que a crítica o considere marxinal na obra do autor arxentino.
A primeira lectura de Rayuela, nun volume da colección “Literatura contemporánea” de Seix Barral, libros de baixo prezo e cuberta na que só mudaban o título e o nome do autor en letras douradas, produciulle un gran desconcerto, necesitando do transcorrer dos anos para enfrontar unha segunda lectura da que xa gozou plenamente.
Malia esa primeira impresión, a novela foi a ponte da que se valeu para descubrir o universo dos seus relatos, literatura moito máis acaída para el e que axiña devorou. Lembra daqueles días Bestiario, que moito o fascinou, Final del juego, Todos los fuegos el fuego ou, como non, Historias de cronopios y de famas. Sen dubidar, Miro asinaría relatos como “Casa tomada”, “Cefalea”, “Circe” “Bestiario” ou “Axolotl”. Porén, non pode esquecer que Cortázar foi o tradutor da edición española de Memorias de Adriano, de Marguerite Yourcenar.
Sendo Miro poeta, foi lector voraz da súa poesía, moi infravalorada, pero que para el resultou de moito interese. Miro, autor de sonetos, atopou un territorio común na capacidade natural de Cortázar para este tipo de composición e con el avanzou na escrita do seu primeiro libro de poemas Ausencias pretéritas, publicado en 1992, con limiar doutro gran sonetista galego, Darío Xohán Cabana, no que hai versos que eu moito teño recitado, en público e en privado, porque describen poeticamente e axudan a interpretar paisaxes amadas, dende Fisterra ou o Xallas, ata Ourense. Cando escribo este texto, o soneto que se inicia co verso: Foi nas illas Lobeiras co mar por testemuña, esta a piques de aparecer nun disco, feito canción por Nacho Mora.
Hai un poema de Cortázar que produce en Miro unha emoción particular, algo semellante ao biscoito de Prouts, é o titulado “Buenas noches, che bandoneón”, quen empeza: Qué bueno verte bien/ y en tan buenas manos. A razón para a nostalxia está en que o bisavó de Miro, emigrado á Arxentina, trouxo de volta un bandoneón que podreceu na casa por culpa da traza, sen que ninguén se preocupase por el. Hoxe, tanto Miro coma Rafa, seu irmán e tamén poeta, senten mágoa por non ter, daquela, idade para tomar a decisión de o conservar.
Lembra Miro que nun dos cursos de doutoramento na Universidade, impartido por Luís Martul Tobío, un dos autores a estudar era Julio Cortázar. Engade que un dos libros máis singulares, por inclasificable, raro e especial, de Julio é La vuelta al día en ochenta mundos e, recomenda sen dúbida a lectura recente das Clases de literatura en Berkeley.
O día 12 de febreiro de 2014, no trinta cabodano do pasamento de Cortázar, Miro escribiu na súa bitácora Crebas, unha entrada na que daba conta do xeito no que se achegou á súa literatura e de cal foi, dende entón, a súa relación con el; máis ou menos o que vimos de contar aquí. Engade un poema que forma parte do seu libro As crebas, titulado “Metamorfose”, que vai precedido dunha cita de Ana Luísa Amaral, e do que aquí reproducimos o texto íntegro de Miro:
CRUZAR hoxe os ollares: unha tarefa curta, mais de todo imposible porque os teus iris baixan con présa as escaleiras, abandonan a escena, atrás queda o proscenio, atrás tamén o público e no medio da rúa blasfemas contra o vento, nada hai de bohemio, nin nada de impostura na explosión, no Big Bang que orixina o silencio.
Unha metamorfose convértete en anfibio, notas o sangue frío, a pel un tecido áspero que segrega veleno, respiras polas branquias e queres afondar na charca nauseabunda.
Recorda “Axolotl”, o conto de Cortázar, metáfora sublime do fascinio na ollada.
Pódese ser anfibio, non é literatura.
crebas twitter
-
Artigos recentes
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
- Lanzamento da edición facsimilar de Estebo, de Xosé Lesta Meis, co estudo introdutorio “Unha voz crítica da emigración galega a Cuba” da miña autoría (Obra de libre descarga)
- «Gaza on fire / Xenocidio televisado», poema na antoloxía de solidariedade Cantos de dor e liberdade
- «Pondal, Martelo e López Abente subiron de novo aos Penedos», a crónica de Xela Cid do roteiro literario polos Penedos de Pasarela e Traba organizado polo Semescom
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta