O poeta Bernez Tangi rexeita o Prizioù 2012 de France 3 en protesta pola precaria presenza das linguas da Bretaña (Breizh) na TV


Bernez Tangi ha Yon Gouez – Gwerz ar skinwel e… por an-tarv
Bernez Tangi, artista, cantante, músico, pintor e poeta, vén de rexeitar o Prizioù 2012 (galardón que tamén rexeitara no 2001) convocado por France 3 en protesta pola política linguística da República Francesa e pola precaria presenza das linguas da Bretaña (Breizh) na TV. O poeta sinalou através dun comunicado que a presenza do bretón limítase a 1h30, e a do galô é nula. Alén diso Tangi compuxo a canción que reproducimos na que compara a presenza televisiva destas linguas coa doutras como o galego, o catalá ou o eúscaro. Paga moito a pena escoitar eses catro minutos.
Na súa páxina web podemos ler en bretón e en francés o seu comunicado ao respecto. Velaquí nas dúas linguas:
PRIZIOÙ FRANS 3 BREIZH (29/01:2012)
D’ar mare e lider ar Prizioù evit ar Brezhoneg war France 3 Breizh dav eo embann sklaer plas truezus hor yezh war ar skinwell hag embann ivez stad ar yezhoù all en Europa ha Bro-C’hall e keñver ar skinwell:
– Galizeg : 168 eurvezh / sizhun
– Euskareg (kreizteiz) : 168 eurvezh / sizhun
– Gouezeleg (Bro Iwerzhon) : 35 eurvezh / sizhun
– Kembraeg : 36 eurvezh / sizhun
– Kataloneg (kreizteiz) : + 168 eurvezh / sizhun
– Korseg : 28 eurvezh / sizhun
– Brezhoneg : 1 eurvezh 1/2 / sizhun
ha troc’het eo bet e Liger-Atlantel e 2002.
– Gallaoueg : Netra
Anvet on bet evit ar Prizioù ar bloaz-mañ (nac’het ‘m oa bet ar priz e 2001 evit ar memes abeg).
Trugarekaat a ran ar juri, ne ‘m eus netra a-enep hinienn-mañ-hinienn o labourat en France 3.
Dougañ ‘ran klemm, e gwirionez, a-enep ar politikerezh renet gant ar Stad e keñver ar Brezhoneg.
Setu, savet ur son : Gwerz ar skinwell e Breizh.
PRIZIOÙ FRANCE 3 BREIZH (29/01:2012)
Au moment où l’on célèbre les Prizioù sur France 3 Bretagne, il faut souligner la place pitoyable de notre langue à la télévision et la comparer avec la situation des autres langues en Europe et en France:
– Galicien : 168 heures / semaine
– Basque (Sud) : 168 heures / semaine
– Gaélique (Irlande) : 35 heures / semaine
– Gallois : 36 heures / semaine
– Catalan (Sud) : + de 168 heures / semaine
– Corse : 28 heures / semaine
– Breton : 1 h 30 / semaine.
Supprimé en Loire-Atlantique en 2002.
Gallo : Rien.
J’ai été nominé pour les Prizioù cette année (j’avais refusé le prix en 2001 pour la même raison).
Je remercie le jury et loin de moi l’idée d’en vouloir à ceux qui travaillent à France 3 Breizh.
Je proteste en réalité contre la politique linguistique de l’État en ce qui concerne le breton.
Voici donc chanson nouvelle : La Ballade de la télévision en Bretagne.
Bernez Tangi
Os nosos parabéns a Bernez Tangi, que se estenden a todas aquelas persoas que loitan a prol da normalización das linguas bretonas. Aos seus ollos a nosa situación é envexable, cando nós ben sabemos que estamos moi lonxe do status de normalidade preciso para garantir o futuro da nosa lingua. Certo é que as mulleres e os homes de Breizh, a Bretaña, aínda o teñen máis díficil. Na nosa viaxe a esas terras en agosto do 2007 co Seminario de Estudos Comarcais (Semescom) percorremos boa parte do País e ollamos algúns vehículos con pegatinas das escolas Diwan, porén apenas escoitamos o bretón. Desa viaxe naceu un libro de haikus, aínda inédito, que chamei Breizh (aquí tedes unha mostra) e do que agora reproduzo estes versos que falan da lingua:
DIWAN
Golpes de mar
erosionan a lingua,
nas gorxas mor.
E aquí unha entrevista a Bernez Tangi na libraría Dialogues.
(5 questions posées en breton au poète et chanteur Bernez Tangi, à l’occasion du café breton de la librairie Dialogues, à Brest)

Esta entrada foi publicada en Historia, Lingua, Música, Poesía, Premios. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta en “O poeta Bernez Tangi rexeita o Prizioù 2012 de France 3 en protesta pola precaria presenza das linguas da Bretaña (Breizh) na TV

  1. Pingback: As crebas » Ar-Redadeg, o correlingua da Bretaña

Os comentarios están pechados.