(Fotografía de ©Xesús Búa)
A sección «En primeira persoa» da edición comarcal do xornal La Voz de Galicia en Carballo adoita dar acollida a textos nos que diferentes voces do mundo da cultura escriben sobre si propias. Onte, domingo, a escritora Marilar Aleixandre, recén eleita académica numeraria da RAG co fermoso discurso de ingreso «Voces termando da paisaxe galega», asinaba no devandito xornal un texto intitulado «O escintileo do Batallón Literario da Costa da Morte», no que lembra que a súa escrita poética ten moito de débeda coa experiencia que partillamos nos anos finais da década dos noventa, pois precisamente o ano pasado facíase o vinte aniversario do nacemento do BLCM.
A recordación desta experiencia na palabra de Marilar Aleixandre xúntase a outras dúas que xa temos referido nesta bitácora, primeiro a lembranza do poeta e libreiro fisterrán Modesto Fraga, conversa que nestoutra ligazón pódese ler ao completo e a segunda na escrita da poeta María Lado, que tamén nos acompañou na aventura do Batallón Literario da Costa da Morte, ambas e dúas inseridas en cadansúa entrevista no dixital Noticieiro Galego, en faladoiro co escritor e profesor estradense Carlos Loureiro.
Deseguida reproducimos ao completo a interesante reflexión de Marilar Aleixandre:
O escintileo do Batallón Literario da Costa da Morte
«Cando fun chamada a formar parte do Batallón, tiven a certeza de ser unha escritora da Costa da Morte»
MARILAR ALEIXANDRE
29/01/2017
Hai quen di que existe a Costa da Morte e quen pensa que é produto da nosa imaxinación. Hai tamén quen cre as escritoras e escritores da Costa da Morte sermos un conxunto diferente, singular. Nesta idea o Batallón Literario da Costa da Morte, de vida escintilante entre 1996 e 1999, tivo un papel crucial.
Para min son cuestións de importancia xa que debín empeñarme en seducir unha lingua que non era a miña lingua nai, un país que non era o de nacemento. Claro que o nacemento é debido ao azar e, se eu escollín ser galega, é debido ao non menos cego amor. Mais unha cousa é como nos sentimos e outra como nos ven os demais. Cando fun chamada a formar parte do Batallón, tiven a certeza de ser unha escritora da Costa da Morte.
O 29 de xuño de 1996, atendendo á convocatoria realizada por Rafa e Miro Villar, xuntabámonos en Cee unha vintena de escritoras e escritores, entre eles María Lado, Estevo Creus, Xabier R. Fidalgo, Concha Blanco, Mónica Góñez, Modesto Fraga, Alexandre Nerium, Paco Souto, María Canosa, Suso Bahamonde, Xandra Tedín, Abel Méndes, Xaime Trillo ou Tomás Lijó. A meirande parte eran xente moi nova -a excepción eramos Concha e mais eu- e poetas. Nalgúns casos, como os irmáns Miro e Rafa Villar, posuían libros publicados e premiados desde comezos dos anos 90. Contaban, así mesmo, cunha traxectoria de activismo cultural a prol da lingua e a literatura galegas, fose en asociacións como Arre Sentelha!, de Vimianzo, Blas Espín, da Ponte do Porto e Un Medio, de Cee, fose en proxectos editoriais como Edicións do Dragón, que publicou fermosísimos cartafoles de poesía.
O Batallón organizou outros dous encontros, en Corcubión en 1997 e mais en Vimianzo en 1998, mais sobre todo, por entendermos que a poesía debía saír á rúa e ser recitada en voz alta, recitais. Recitabamos en lugares da Costa da Morte moi belos, o Castelo de Vimianzo, a Capela do Pilar en Corcubión, mais nos que, sobre todo en decembro, ía un frío, unha viruxe tremendos. No poema Sublimado corrosivo, de Mudanzas, aludo a estes recitais:
«Desafiamos o frío no máis cru do inverno / recitando poemas / en decembro / acadamos o sublimado inverso / chuspindo as metáforas como fume / transformábanse en pedras de corisco / antes de estrelarse no chan»…
Entre os recitais nos que as refachas de vento -tan desta terra, non en balde perto de Toba hai unha Porta Ventosa – ameazaban con levarnos, e a publicación de Mudanzas en 2007 transcorreron dez anos. Neste tempo, en grande parte debido ao Batallón, eu percorrín o camiño da narrativa á poesía. Pois hai doenzas contaxiosas, e a poesía pode ser unha delas.
Na revista do Batallón, Feros Corvos, publiquei por vez primeira uns poemas, que máis tarde acabaron formando parte de Abecedario de árbores. Xurdida dun grupo de poetas, media ducia do Batallón, Rafa Villar, Estevo Creus, Xabier R. Fidalgo, Modesto Fraga, Paco Souto e eu mesma, parte doutros colectivos como Chus Pato, Yolanda Castaño, Marta Dacosta, Chus Nogueira ou Emilio Ínsua, a editorial Letras de Cal publicou de 1997 a 2002 catorce libros, entre eles os primeiros de poetas tan relevantes como María Lado, Celso Fernández Sanmartín e Carlos Negro. Nas xuntanzas do comité editorial tivemos debates que axudaron a configurar un enfoque sobre a poesía distinto do existente en Galicia até entón, a facer oír a voz das poetas mulleres, un trazo novidoso da poesía dos 90. Por todo isto, eu teño unha grande débeda co Batallón.
Se existe ese territorio que creamos coa imaxinación, esa costa onde a Morte non porta gadaña senón bicheiro, esas lagoas e xunqueiras, illas deshabitadas, montes nus, se non é só producto dun soño, a lingua é o mapa que nos permite transitalo, percorrer demoradamente a súa pel, nunha palabra, seducilo.
crebas twitter
-
Artigos recentes
- Carta derradeira para o bibliotecario Mon Rey Senra
- Altri NON
- Mensaxe de Audrey Azoulay, Directora Xeral da UNESCO,co do Día Mundial da Poesía, 21 de marzo de 2025 (Versión galega)
- Adeus a Bernardino Graña, profeta do mar
- Presentación de “Cantos de dor e liberdade. Voces galegas por Palestina” o sábado 18 de febreiro, ás 11:30 no Museo do Pobo Galego
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Abril 2025 (1)
- Marzo 2025 (2)
- Xaneiro 2025 (2)
- Decembro 2024 (1)
- Novembro 2024 (1)
- Outubro 2024 (1)
- Setembro 2024 (1)
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta