O cruceiro da Lagarteira (Cee) en patrimoniogalego.net

CruceirodaLagarteira
(Fotografía tirada do proxecto patrimoniogalego.net. Premer na imaxe para agrandar o tamaño)
Xa falei moito e ben nesta anotación de outubro de 2013 sobre o sitio web patrimoniogalego.net cando reproducín as tres fichas elaboradas na miña parroquia de Toba (Cee), parte fundamental do paraíso da miña infancia. E hoxe regreso a este proxecto porque veñen de falar doutro lugar próximo: o cruceiro da Lagarteira.
Asina esta nova catalogación Xosé Troiano, quen xa o fixera tamén nas tres fichas de Toba, que recollían o Cabazo da reitoral de Toba (nós dicimos ‘cabaseira’); o Cruceiro do Campo de Toba e a Igrexa de San Adrián de Toba, todas tres datadas en xullo deste 2013.
O sitio web patrimoniogalego.net preséntase como «Un proxecto colectivo: inventariar todo o patrimonio cultural galego. O patrimonio é dos cidadáns. Esta web quere facer o patrimonio para os cidadáns. Coñecer que é o que temos e en que estado se atopa».
Aquí explican o Proxecto e o Equipo, e a día hoxe tan só lles restan 877 fichas para chegar aos 9000 bens catalogados! Case nada. Ben merecen reiterárllelos os nosos parabéns polo seu excelente labor de compilación, estudo e investigación.
Deseguida reproduzo o texto completo da ficha do cruceiro da Lagarteira (Cee), ao que na páxina patrimoniogalego.net aínda lle engaden unha xeolocalización deste ben catalogado.
Cruceiro de Lagarteira
Catalogouno Xosé Troiano o Abr 7, 2016
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Cee
Parroquia: Cee (Santa María)
Lugar: A Lagarteira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de catro chanzos e pedestal cuadrangular achafranado. No cuarto chanzo á esquerda ten unha inscrición que pon: “1919″. O varal é cuadrangular na súa cuarta parte para logo ser circular no resto, con estrías e boceis. Ten un capitel de estilo xónico coas súas características volutas. A súa cruz é cuadrangular cos brazos en chafrán e con remates florenzados con botón central. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara lixeiramente á esquerda cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á esquerda. Polo reverso da cruz fica a Virxe coroada coas mans xuntas en actitude de orar sobre un pedestal dun anxo con ás. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.9622598397
Lonxitude: -9.18959654873
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84

Esta entrada foi publicada en Arte, Historia. Garda a ligazón permanente.