(Cartón postal sen datar. Premer na imaxe para agrandar o tamaño)
O noso amigo Manuel Vilar Álvarez, antropólogo e recente comisario da exposición «Domingos de Andrade. Excelencia do barroco», prosegue a súa nova serie de colaboracións no diario dixital quepasanacosta baixo o epígrafe «As aberturas».
Polo seu indubidable interese para as persoas que nacemos nos lugares asentados na volta da ría de Corcubión, deseguida reproducimos o seu novo artigo intitulado «O Carromeiro», aínda que se pode ler o orixinal nesta ligazón.
«O Carromeiro»
Historicamente a ría de Corcubión tivo unha importancia vital para a navegación. Aquí fondeaban os barcos, e seguen fondeando aínda algúns, para abrigarse dos temporais antes de dobrar os cabos de Fisterra e Touriñán. Pero esta importancia aumentou considerablemente no século XIX co incremento da navegación oceánica e a vapor. Mais para que estes barcos entrasen na ría facían falta infraestruturas diversas, como unha boa sinalización para que salvasen os perigos que hai na mesma.
Unha persoa moi interesada en que os barcos fondeasen na ría era Plácido Castro Rivas, home de negocios e pai do intelectual galeguista Plácido Castro del Río. O primeiro, fisterrán de berce e corcubionés de adopción, viu o negocio no subministro de carbón aos barcos que navegaban a vapor e que pasaban fronte a nosa costa. A concesión outorgoulla o goberno, despois de moito pelexar, en 1893. Para isto instalou uns pontóns na ría nos que almacenaba o carbón para despois pasarllo aos barcos que o solicitaban para queimar nas súas caldeiras, facer funcionar os seus motores e seguir as súas rutas. O que montou Plácido Castro, digámolo coloquialmente, foi unha estación de servizo para barcos.
Mais topou con moitos problemas e non só os naturais da ría. Os problemas tíñaos tamén co goberno que, entre outras trabas, non lle quería deixar vender carbón inglés, máis barato que o asturiano; o goberno tampouco tiñan moita présa por declarar ao porto de Corcubión de “Interese Xeral”, algo que se concede en 1902. Se os barcos non viñan non había negocio, tampouco traballo para a xente, duro traballo para cargar e descargar o carbón.
A figura de Plácido Castro, pai, está agardando por un estudo que dea a coñecer o seu labor empresarial e filantrópico, esnaquizados por completo tras a cruel guerra civil. Algo nos ten adiantado Baldomero Cores nunha serie de artigos publicados no Galicia Hoxe fai xa uns anos.
Hoxe só quero traer aquí unha imaxe dunha baliza de sinalización erguida no Carrumeiro Pequeno ou Novo, coñecido tamén como o “cemiterio dos gregos” polos varios barcos desta nacionalidade que foron bater alí, entre outros. Nesta imaxe vemos unha especie de trípode de ferro asentado sobre a rocha do Carromeiro e que leva un sinal na parte superior. Como na farola do Pindo, aquí o nome indicativo tamén está en inglés, acompañado agora polo da compañía de carbón que estaba instalada no fondo da ría de Corcubión. Isto facíao para dar unha imaxe de seguridade aos barcos que pasaban á altura do cabo Fisterra, especialmente os ingleses, dominadores dos mares.
Como a administración pública daba largas ao asunto da sinalización da ría, foi a iniciativa de Plácido Castro Rivas a que levou a cabo esta obra polo 1906. Mais os temporais deberon desbaratar pronto este sinal e os barcos volveron bater, outra vez, contra este baixo. Sería en 1917 cando, por fin, o Estado decide erguer a actual baliza. Antes, en 1861, instalárase unha campá para avisar do perigo. Pedro Ruidavets tamén fala, en 1867, desta boia de campá “fondeada en 4`5 brazas por su parte meridional”, “pero arrebatada por un temporal, no se ha repuesto todavía”. Fala tamén de outras dúas colocadas nos Meixidos, pero igualmente “ hace tiempo que fueron arrebatadas por el mar y no se han repuesto”. Ou sexa, que as boias pouco duraron, os barcos afundían e o Estado, como hoxe, ocupado en quefaceres que pouco nos interesan.
A tradición de colocar campás para sinalizar dos baixos perigosos parece que a instaurou un abade escocés, no século XIV, cando colocou unha nun perigoso baixo á entrada da ría de Edimburgo, chamado Inchcape. Desde entón o baixo sería coñecido como Bell Rock. Entre 1807 e 1810 Robert Stevenson, avó do escritor Robert Louis Stevenson, ergueu alí un faro. Neste caso a campá desapareceu, seica foron os piratas holandeses o que a levaron e non os temporais, que alí tamén pegan con forza.
Di o poeta Jorge Riechmann que se escribe para aprender a escribir, para aprender a vivir e para aprender a aprender. Pois ben, un tamén escribe para aprender. Así, a raíz da miña primeira entrega de As Aberturas o amigo Alejandro Lamas recordoume que o sinal cego do Pindo tamén fora feito grazas aos cartos de Plácido Castro Rivas.
Enténdese agora o interese deste home de negocios de dar unha imaxe fóra, especialmente en Inglaterra, de que a ría de Corcubión estaba ben sinalizada e que podían vir aquí os barcos a se aprovisionar de carbón, necesario para as súas caldeiras.
crebas twitter
-
Artigos recentes
- «Os artigos literarios de Baldomero Cores Trasmonte no diario vespertino La Noche», en Grial 243
- Lectura no Pico Sacro do poema “Apuntamentos para unha «Alba de Groria»” no Roteiro polos espazos vitais e literarios de Castelao na Estrada
- Entender para vivir, un libro e un recital para lembrar a escritora coruñesa Luísa Villalta
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Novembro 2024 (1)
- Outubro 2024 (1)
- Setembro 2024 (1)
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta