«O banquete da libertá en Conxo, e Pondal», un artigo do poeta Antón Zapata García

AurelioAguirreBrindis
(Manuscrito do Brindis de Aurelio Aguirre. Premer na imaxe para agrandar o tamaño)
Por parte Antón Zapata García, outro dos poetas que estudei na miña Tese de Doutoramento, publicou varias colaboracións en prosa, a maioría en castelán, na prensa da emigración e tamén nas cabeceiras máis significadas a prol da IIª República da diáspora. A respecto da efeméride do «Banquete de Conxo» en agosto de 1939 asina a súa única colaboración no xornal crítico Noticias Gráficas, co artigo intitulado «O banquete da libertá en Conxo, e Pondal».
Cfr. Quijada [1991: 212-213] que cita os dous diarios arxentinos máis identificados coa defensa da república española: Crítica e Noticias Gráficas. «En general, puede decirse que los diarios de ámbito nacional proclives a la República expresaron su definición de manera más contundente y abierta que los simpatizantes de Franco, identificados estos últimos con la postura oficial del gobierno, respaldada en la posición de Gran Bretaña y la Sociedad de Naciones a cuya influencia eran especialmente sensibles los dos grandes matutinos La Nación y La Prensa, por lo que intentaban con mayor o menor fortuna revestirse de una pátina de neutralidad desapasionada. A diferencia de estos diarios y del vespertino La Razón [más abiertamente franquista que los anteriores], los periódicos pro republicanos eran públicos y entusiastas gubernistas. Entre ellos, los más notorios e influyentes eran Crítica y Noticias Gráficas. [Enumera unha longa recensión das actividades do primeiro] (…) En los medios de la colonia española, eran afectos a los gubernistas las publicaciones Galicia, Noticiero Español y El Correo de Asturias, editados todos por diversos grupos de la colectividad».
Cfr. Cuba [1994: 16], onde falando de Luís Seoane, sinala que, por volta de 1940, fai unha páxina en galego no xornal Noticias Gráficas, “Un rincón de Galicia en Buenos Aires”.
O artigo «O banquete da libertá en Conxo, e Pondal» foi reproducido anos máis tarde por Opinión Gallega, Bos Aires, nº 32, 2 de febreiro de 1946.
E o traballo académico da miña Tese de Doutoramento de 1600 páxinas, dirixida polo profesor Xesús Alonso Montero, cuxo título foi A poesía galega de Antón Zapata García. Edición e estudo, pódese ler de balde no repositorio dixital poesiagalega.org, proxecto dirixido polo poeta e profesor Arturo Casas á fronte seu equipo do GAAP (Grupo Alea de Análise Poética). E tamén estaba dispoñibilizado para quen tiver interese pola propia USC, aínda que nun espazo escasamente divulgado que se pode consultar nesta ligazón, e aínda tamén en googlebooks, porén neste caso con moitas páxinas en branco como adoita suceder nese buscador.
O BANQUETE DA LIBERTÁ EN CONXO, E PONDAL
Denantes d’aquel sonado banquete que se dou baixo da mesta carballeira de Conxo, onde, en irmandada amistade, estudiantes, artesáns e labregos, mariñantes e peixeiros, honoraron o abrente d-un risoño porvir galego —banquete no que o anfitrión era o cumial Pico Sagro, abesullante na lonxanía, cal un xigante Polifemo—, o vidente de Ponte-Ceso, esto é, Edoardo Pondal, xa tiña logrado un refulxente nome, non lle faltando nas súas tempas o aro de lus inicial d-unha futura santidade laica.
Mais, o verdadeiro sofrimento —aquel que se sinte na propia i-alma e no propio corpo ¡anque non deixe de sel-o aquelo outro que se refrexa en nós, escoado n-outras persoas!; o verdadeiro sofrimento, voltamos a eispresar, aínda non se afincare, adentrándose nos miolos e xemas do corazón de Pondal, deica despóis d-ese memorábel día de esgrevo rexurdimento galego.
Porque a door, a door democrática do povo, a door coscente, poucos son, verdadeiramente, os que a sinten, soio os elexidos pol-a natureza saben interpretal-a, logo de ser fideles testigos das inxustizas cometidas con aquel polos soxusgadores coma lle sucedéu e segue sucedéndolle a Galiza baixo a gadoupa insaciábel do Centralismo Unitario.
Foi, vendo cometer tamañas inxustizas contra do povo galego, que Pondal sintiuse poeta, irmán dos martirizados irmáns, poñéndose da súa veira có duro e afiado aceiro dos seus isaíacos versos revindicantes. Soio un nobre corazón como o do Solitario de Ponte-Ceso poido facer tan outo, tan fondo sacrifizo, pois fillo de nobre casa pudente, e con tíduo universitario de médeco, a regalada vida xamáis lle negaba, se quixese, os seus ridentes e mólidos favores. Mais él non quixo, que líu por aquelo que din uns seus versos do seu sucoscente:
“Tal do meu ser no fondo
levo unha lus lanzal
que d-un orixen grande
me dixen que fun xa…”
Os que o conoceron na seneitude —nós, por raís consanguiña, tuvemos esa grande e impagábel sorte—, cicáis poidan espricare o fondoso agarimo que Pondal sentía pol-o erguemento de Galiza. Refugaba ás cidades e vilas siñoriteiras, porque estas semellábanlle seren un encannamento do poider centralista. Ademáis, nado n-unha terra farturenta anque emprobecida pol-os foros e outros trabucos, vía acotío que aquela non progresaba ren, apesares dos esforzos e boa administración dos seus irmán labregos e peixeiros no pouco que o Estado lles devoltaba dos aportes, coma oprobiosa esmola.
E había algo máis na i-alma de Pondal que lle non consintíu acougamento: era o mandato da lus lanzal que, afondadamente, faláballe do seu grande orixen, da súa improrrogábel obriga de aituar como tipo representativo d-unha raza nobre e forte, a prol do melloramento da Nai Terra, pois eisí ll-o ordeaban os numens dos seus antenados dende o fondo do mais fondo do além.
El foi poeta galego, por aquelo que tan maxistralmente eispresou, refiríndose á fadal lei do canto; foi poeta pra facer restralar os seus broncíneos versos escontra dos que queren que Galiza lle sigan cantando cantos brandos, e pra que os seus fillos non desperten do seu no céltico carballal.
Mais a semente xa foi, nobre e acertadamente, ceibada n-os agros da concenza galega, a contar dende aquel día de groria do Banquete de Conxo, no cal o poeta, xunto con Aurelio Aguirre, Alfredo Brañas e outros arriscados e rebertes irmáns, estuveron preto de irse a dar c-ós seus corpos no presido hespañol de Fernando Póo, por mor —¡sabia culpa!— de unhas oitavas que, encumiando a libertade, recitóu Pondal.
Tan fondo, outo i-estenso enraigaron, fruitificando, os graus de aquela sementeira na miazosa e xogoral terra de Briganza —!a redimida anima galega xa oficiaba diante do fisterrán Ara-Solis consagratorio!— que non houbo nin hai cornecho un pouco civilizado no mundo onde non se falase e fale do rexurdimento galego. Non embargantes, o corpo da Terra Nai siguéu e segue estando aferrollado como no século XV.
Soiamentes faltaba o sacrifizo humán pra costrinxir máis avencelladamente os fruitos da xuntanza de Conxo c-ós fruitos dos simbólicos pinos do Bardo:
“Cando os duros machados
feren os altos pinos
e caen con estrondo
no chan de Bergantiños,
non caen non, en vano,
cal xigantes erguidos
sin groria e sin renome
n-os seus eidos nativos…”
Agora os seus fillos —os fillos dos homes, os fillos dos pinos— soldados da nobre causa da redenzón galega,
“… non caerán en vano
en oprobioso olvido…”
Agardemos, serea e afincadamente, o novo fruito, pois o humán sacrifizo xa se fixo e os mártires nosos, dende os Fisterras do além, dín na saudosa brétema como os pinos:
“…¡Ese… non pode, non, o duro ferro
nin a morte estinguilos!…”
(De “Noticias Gráficas”) Antón Zapata García

Esta entrada foi publicada en Efemérides, Estudos literarios, Historia. Garda a ligazón permanente.