No prelo a Poesía Completa de Gonzalo López Abente que vai publicar a colección Opera Omnia de Espiral Maior


Xa están no prelo as 632 páxinas da Poesía Completa de Gonzalo López Abente que vai publicar a colección Opera Omnia das edicións Espiral Maior, selo dirixido polo poeta Miguel Anxo Fernán-Vello, que xa publicara a Antoloxía Poética (1995) e que eu propio dispuxen a pedimento do daquela alcalde nacionalista Xoán Bautista Pose Paz.
A compilación é unha encarga realizada polos meus compañeiros da Fundación Gonzalo López Abente e trátase dunha obra na que deitei moitas horas de traballo, para o que recibín axudas inestimables de moitas persoas a quen agradezo a súa colaboración no Limiar, do que a fotografía reproduce a primeira páxina.
Se todo vai ben, presentaremos o volume o sábado día 20 de xullo, na segunda xornada dos actos do Cincuentenario do pasamento de Gonzalo López Abente.
Alén do devandito prólogo, a estrutura que segue a obra é esta:
POÉTICA
ESCUMAS DA RIBEIRA
ALENTO DA RAZA
BRETEMADA
D’OUTONO
NEMANCOS
CENTILEOS NAS ONDAS
DECRÚA
MONZA DE FRORES BRAVAS PARA NOSA SEÑORA DA BARCA
DISPERSOS E INÉDITOS
POEMAS TRADUCIDOS A OUTROS IDIOMAS
ANEXO. POESÍA EN CASTELÁN
APÉNDICE UN. POEMAS DEDICADOS A GONZALO LÓPEZ ABENTE
APÉNDICE DOUS: A OBRA POÉTICA DE LÓPEZ ABENTE EN REVISTAS E XORNAIS

Esta entrada foi publicada en Poesía, Presentacións. Garda a ligazón permanente.