No prelo a obra Pico Sacro, ferido polo lóstrego e a lenda (Escolma de textos literarios éditos e inéditos na literatura galega contemporánea)


(A fotografía da capa é da autoría de ©Xan Muras)
Alvarellos Editora está a levar ao prelo a obra intitulada Pico Sacro, ferido polo lóstrego e a lenda (Escolma de textos literarios éditos e inéditos na literatura galega contemporánea), coordinada por min propio e Xosé Manuel Lobato, escritor e presidente da A. C. Mestre Manuel Gacio de Boqueixón, entidade que promoveu a súa publicación.
Para abrir boca do que ha ser un volume de moito interese literario, na nosa opinión, reproduzo un bocadiño do Limiar que corresponde aos seus primeiros parágrafos e tamén o índice coa importante nómina dos autores e das autoras que colaboran nesta iniciativa singular.
LIMIAR
O Pico Sacro ou Sagro, coma os montes Pindo ou Irimia, é unha das paisaxes máis relevantes e simbólicas de Galiza, como demostra a súa presenza na nosa literatura contemporánea, quer como paisaxe, quer como alegoría ou representación da nosa identidade histórica. Sen dúbida é un referente sólido onde a realidade se confunde coa imaxinación, mentres historia e ficción se mesturan nun binomio inseparable.
Este cumio mítico posúe unha intensa carga simbólica dende tempos afastados que se mantén acesa no presente sobre rescaldos incombustibles que se conservan intactos. O devir histórico do Pico está moi relacionado coa forma de estar e visualizar o mundo, foi e continúa a ser ese alicerce sobre o que galegas e galegos nos identificamos e construímos o noso territorio en clave histórico-lendaria.
Deixando á parte referencias anteriores, mesmo do Padre Sarmiento no período da Ilustración, será o escritor estradense Marcial Valladares Núñez (1821 – 1903) quen asine o primeiro texto en galego, un longo poema intitulado «A fonte do Pico Sagro», publicado no Album de la Caridad: Juegos Florales de La Coruña en 1861, seguido de un mosaico poético de nuestros vates gallegos contemporáneos. Edición costeada por Don José Pascual López Cortón (A Coruña: Imprenta del Hospicio Provincial, 1862) e reproducido en Galicia. Revista Universal de este Reino, nº 19 (1-VII-1861).
Desde a data foron moitos os textos literarios dos que presentamos unha escolma que ten como título un verso do poeta Manuel María, quen definiu o Pico Sacro ferido polo lóstrego e a lenda, que presentamos en dúas partes: Textos éditos (por orde cronolóxica) e Textos inéditos (por orde alfabética).
(…)
TEXTOS ÉDITOS (POR ORDE CRONOLÓXICA)
Marcial Valladares: «A fonte do Pico Sacro», Album de la Caridad: Juegos Florales de La Coruña en 1861, seguido de un mosaico poético de nuestros vates gallegos contemporáneos. Edición costeada por Don José Pascual López Cortón (1862)
Antonio López Ferreiro: Fragmento de «El Monte-Sacro de Galicia» (1868)
Valentín Lamas Carvajal: «Ó Monte Sagro», Espiñas, follas e frores. Colección de versiños gallegos. Ramiño segundo (1876)
Avelina Valladares Núñez: «A Ulla», El Eco de Galicia (1879)
Valentín Lamas Carvajal: «Ánxel de redención», Saudades gallegas. Colección de Versos (1880)
Marcial Valladares: Fragmento de Magina ou a filla espúrea (1880)
Benito Losada Astray: «A Ulla», Soazes d’un vello, poesías gallegas (1886)
Benito Losada Astray: «Un bastardo», Soazes d’un vello, poesías gallegas (1886)
Benito Losada Astray: «O viaxe», Soazes d’un vello, poesías gallegas (1886)
Benito Losada Astray: «O castro», Soazes d’un vello, poesías gallegas (1886)
Manuel Martínez Murguía: Versión galega dun fragmento orixinal castelán de Galicia (1888)
Francisco Álvarez de Nóvoa: Fragmento «A codia», Pé das burgas (1896)
Luís Otero Pimentel: Fragmento de Campaña da Caprecórneca. Novela galega hestóreca, fantásteca e poética (1898)
Fialho de Almeida: Fragmento Cadernos de Viagem. Galiza, 1905 (1905)
Francisco Tettamancy Gastón: Fragmento de Boicentril. O druidismo e o celtismo gallego. A epopeya irlandesa (1912)
Juan Bautista Armada Losada, Marqués de Figueroa: «Pico Sagro e San Xoan d’a Cova», Del solar galaico (1917)
Manuel Ortiz Novo: Fragmento «Branca, Branquiña…», Quiso robar una estrella (1923)
Manuel García Barros “Ken Keirades”: «Unha excursión ó Pico Sacro», El Emigrado (1924)
Vicente Risco: Fragmento «No país dos mortos», Nós (1926)
Avelino Gómez Ledo: «O Pico Sagro», Romanceiro compostelán (1926)
Ramón Otero Pedrayo: Fragmento da obra Os camiños da vida (1928)
Álvaro de las Casas: Fragmento da obra A morte de Lord Staüler. Drama poético en tres esceas (1929)
Ramón Otero Pedrayo: Fragmentos de Ensaio histórico sobre a cultura galega (1930)
Matía Mª Escariz Méndez: Fragmento de «Folk-lore de Santiago de Compostela», El Compostelano (1931)
Manuel Vidal Rodríguez: Fragmento «A nai de Moncho Gomareites», Deixe que xa… Cuentos y novelas cortas de asunto gallego (1931)
Ramón Otero Pedrayo: Fragmento da obra Devalar (1935)
Luís Tobío Campos: «Miñán de primaveira», Rimas galicianas (1935)
Luís Tobío Campos: «Paisaxe», Rimas galicianas (1935)
Antón Zapata García: «Galiceibe», Galicia (1935)
Ramón Otero Pedrayo: Fragmento A estadea ou Pranto polo Seminario de Estudos Galegos (1936)
Antón Zapata García: «O banquete da libertá en Conxo, e Pondal», Noticias Gráficas (1939)
Antón Zapata García: «Curros Enríquez», El Orensano (1945)
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao: Alba de Groria (1951)
Valentín Paz-Andrade: «Pico sagro da palabra», Pranto matricial e outros poemas (1955)
Florentino López Cuevillas: Fragmento de «Mitoloxía e historia da paisaxe de Trasalba», Prosas galegas, 1920-1958 (1962)
Ramón Otero Pedrayo: Poema manuscrito sen título (1962) (Ed. 1998)
Leandro Carré Alvarellos: Fragmentos de «A Lenda do Pico Sagro», As Lendas Tradizonaes Galegas (1969)
Xosé Neira Vilas: Fragmento Cartas a Lelo (1971)
Eduardo Moreiras: Fragmento de Follas de Vagar. Xornal (1972)
Xosé María Castroviejo, «Os aires do Pico», Memorias dunha terra (1973)
Manuel María: Fragmento «Os pintores da terra de Lalín», A Nosa Terra (1980)
Daniel Cortezón: Fragmento A vila asulagada (1981)
Manuel María: «O Xistral», Versos do lume e o vagalume (1982)
Luís González Tosar: «¿Ú-los derrotados en Compostela?», A caneiro cheo (1986)
Francisco Fernández Naval: Fragmento O bosque das antas (1988)
Xosé Manuel Carballo Ferreiro: Fragmento de Don Otto de viaxe pola Chaira (1993)
Xosé Manuel Martínez Oca: Fragmento de «Noite de luar», Os culpables (1993)
Xosé Fernández Ferreiro: Fragmento A cidade das chuvias (1994)
Xesús Rábade Paredes: Fragmento As sombras do barroco (1994)
Emilio Araúxo: Fragmento Tempos serodios (1996)
Darío Xoán Cabana: Fragmento Morte de Rei (1996)
Xosé Vázquez Pintor: Fragmento Os vellos oficios (1996)
Manuel García Barros “Ken Keirades”: «Lembranza do Pico Sacro», Dos meus recordos (2001)
Bieito Iglesias: Fragmento A vida apoteósica (2001)
Suso de Toro: Fragmentos Trece badaladas (2002)
Carmen Blanco: «Lupa», Vermella con lobos (2004)
Xosé Luna Sanmartín: Poema sen título, Stradapop (2005)
Santiago Lamas: Fragmento de Fisterras Atlánticas. Lecturas dende o cabo do mundo (2012)
María Solar: Fragmento As meigas de Lupa (2012)
Xoán Carlos Garrido Couceiro: «Viaxe de Castelao, Otero Abelleira e Ken keirades ao Pico Sacro», Faro de Vigo (2014)
Xoaquín Fernández Leiceaga: Fragmento de Agosto de memoria e morte (2016)
Santiago Lamas e Alfonso Mato: De camiños, viaxeiros e camiñantes. Peregrinos de NÓS ao cabo do mundo (2016)
Modesto Fraga: «Monte Medulio, Pico Sacro: A lingua», Adagio por outono (2016)
Emilio X. Ínsúa: Fragmento do artigo «Catro lugares emblemáticos do río Ulla na literatura galega», reproducido no blogue persoal A ínsua do Ínsua (2016)
TEXTOS INÉDITOS (POR ORDE ALFABÉTICA)
Carlos Arias
Fernando Cabeza Pereira
Fernando Cabeza Quiles
Marta Dacosta
Suso Díaz
Xan Do Río
Xoán Carlos Domínguez Alberte
José Estévez López
Xoán Xosé Fernández Abella
Rosalía Fernández Rial
Charo Golmar
Baldomero Iglesias Dobarrio, Mero
F. R. Lavandeira
Rocío Leira Castro
Xosé Manuel Lobato
Lois Lomba
Ricardo Losada
Xosé Luís Martínez Pereiro
Cruz Martínez Vilas
Rosa Martínez, rosanegra
L. Santiago Méndez Alpízar, Chago
Henrique Neira Pereira
Alexandre Nerium
Antonino Nieto Rodríguez
Diana Pastoriza
Emma Pedreira
Héitor Picallo
Xavier Queipo
João Rasteiro
Gabriela Rocha Martins
Pilar Sampedro
Susana Sánchez Arins
Lur Sotuela
Nolo Suárez
Irene Tomé Urresti / Xabier Ron Fernández
Ramiro Torres
Ramón Vilar Landeira
Miro Villar
Helena Villar Janeiro

Esta entrada foi publicada en Poesía. Garda a ligazón permanente.