Nin Lomce, nin Reválidas!, coa Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público

PlataformaEnsino4-05-2016
PlataformaEnsinomaio2016
(Premer nas imaxes para agrandar o tamaño)
Onte mércores a media tarde estivemos nunha das concentracións convocadas pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, que agrupa a diferentes colectivos de nais, pais, profesorado e alumnado, para manifestarmos o noso rotundo rexeitamento á LOMCE e ás Reválidas que están previstas para os días 11,12 e 13 de maio.
Na concentración celebrada na coñecida como Praza Roxa compostelá estivemos acompañados de Mini e Mero que interpretaron tres pezas, entre elas o poema de Xosé María Díaz Castro intitulado «Penélope».
Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.
Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol como unha uva;
pro tí envólveste en sabas de mil anos
i en sonos volves a escoitar a chuva.
Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron: Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús-María!,
e toda cousa ha de pagar seu desmo.
Desorballando os prados coma sono
o tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!
PlataformaEnsino2016

Esta entrada foi publicada en Manifestos. Garda a ligazón permanente.