Na manifestación Monte Pindo Parque Natural (II)


(Andando contra a chuvia e o vento frío no río humano da marcha. Premer na imaxe para agrandar o tamaño)
Os nosos parabéns a Ubaldo Cerqueiro pola magnífica cobertura da manifestación Monte Pindo Parque Natural no dixital quepasanacosta, tanto na galería de imaxes coma no aspecto textual, sen esquecer a autocrítica ao lembrar a escasa implicación da veciñanza da comarca. Esta bitácora xa recolleu tamén a nova na voz dos organizadores. As mobilizacións non fixeron máis que principiar, non podemos parar até acadarmos a declaración oficial de Parque Natural. Hai moito traballo aínda por facer.

Esta entrada foi publicada en Historia, Lendas e mitos, Manifestos, Política, Roteiros. Garda a ligazón permanente.