Na homenaxe ao poeta Hugo Mujica, en Salamanca


Mañá e pasadomañá estarei en Salamanca para participar no “XIV Encuentro de Poetas Iberoamericanos” (do que xa falamos aquí e acolá), unhas xornadas organizadas pola Fundación Salamanca Ciudad de Cultura e cuxo coordinador é o poeta e profesor da Universidade de Salamanca (USAL) Alfredo Pérez Alencart. Nesta bitácora xa comentamos que nesta edición o país homenaxeado será Arxentina, na voz do poeta Hugo Mujica. No primeiro dos dous videos, acima, intitulado “Unha interioridad abierta” (parte I), o escritor arxentino explica as motivacións e as razóns da súa escrita literaria e no segundo, abaixo, “De libros”, fai unha selección de dez dos libros máis importantes na súa vida e tamén argumenta as razóns da escolla desta súa afinidade selectiva.

Esta entrada foi publicada en Antoloxías, Encontros, Poesía. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta en “Na homenaxe ao poeta Hugo Mujica, en Salamanca

  1. Pingback: As crebas » Fotografías do XIV Encuentro de Poetas Iberoamericanos en Salamanca

Os comentarios están pechados.