(Carballo de Vilar de Francos en Artes-Carballo, incluído no Catálogo de Árbores Senlleiras. A fotografía é do xornalista © Santiago Garrido e provén deste excelso artigo seu en La Voz de Galicia)
A caixa do correo electrónico achegoume hoxe unha grata nova e un convite ao que non poderei asistir por motivos laborais. No IES Castro da Uz (As Pontes) veñen de crear unha «Alameda literaria das árbores celtas», fermosísima iniciativa que xunta a 21 árbores con cadanseu texto dun autor/a de Nós. A data de inauguración será o vindeiro día 18 de xuño, ás 11,20h., porén xa deron a coñecer a listaxe de árbores e textos escollidos (neste pdf POEMAS PARA A ALAMEDA).
Moito lles agradezo que un poema da miña autoría sexa compañeiro do Carballo. O texto que escolleron pertence ao poemario Gameleiros (Xerais, 2002, libro xa descatalogado).
QUINÓN
As nubes da incerteza ferintes coma o sol,
sempre sodes Ulises, hai sempre unha Penélope
que agarda con tecidos. E Ítaca está distante
mesmo que fose a penas unha marea de horas,
e Ítaca está distante mesmo que sempre volvas.
E deseguida a explicación do seu proxecto «Alameda literaria das árbores celtas», que inclúe o catálogo de árbores senlleiras e a relación de escritoras e escritores escollidos. Velaquí:
Dende hai anos, o alumnado do IES Castro da Uz (As Pontes) leva a cabo unha gratificante, pero dura e intensa actividade. Esta aventura comezou como un xogo para achegar o alumnado á orixe e significado do seu nome e apelidos. Logo quixemos achegalos á nosa cultura e centrámonos na importancia que a natureza, as árbores en concreto, tiñan para os celtas. Así naceu a idea de asignar unha das 21 árbores sagradas dos celtas a cada alumno e alumna da comunidade educativa, coñecendo o día e mes do seu nacemento. Quedaba deixar testemuña, por iso, hai 12 anos, o alumnado plantou cadansúa árbore no recinto escolar. Viñan anos de coidado, e cada grupo encargábase de regar, podar e aloumiñar cada unha das 21 árbores. Si, houbo algunha que non puido coas inclemencias meteorolóxicas, pero hai tres anos, as cinco que non resistiron, foron repostas por outras que, polo momento, seguen medrando en perfecto estado de saúde. Non pensen que rematou aquí a activ idade, porque cremos que todo bo traballo debe ser continuado, de aí que se decidira identificar cada árbore co seu nome científico e popular, obxectivo que o alumnado realizou o curso pasado. Seguimos pensando e chegamos á conclusión de facer a nosa “Alameda literaria”, na que cada árbore estaría dedicada a un escritor/ -a das nosas letras. Etapa difícil: traballo de investigación, lembranza de lecturas, de autores e autoras que os marcaron, selección do texto que lembraría o seu bo facer literario, decidir entre moitos e moitas a quen sería dedicada a árbore, en fin… Intercambio de opinións moi produtivo. E aquí estamos. TODO REMATADO, pero falta o máis importante: a inauguración da “Alameda literaria das árbores celtas”.
Para que esta actividade teña un bo fin e un prometedor comezo gustaríanos contar coa súa presenza o día da inauguración. Só así poderiamos comezar a gozar dunha actividade comezada e rematada con toda a ilusión que moveu o alumnado deste centro. Compartimos con vostedes os/as autores/-as que serán lembrados/-as na “Alameda literaria das árbores celtas”:
ABELEIRA: HELENA VILLAR JANEIRO
ABETO: CELSO EMILIO FERREIRO
ÁLAMO: EDUARDO PONDAL
AMIEIRO: MARÍA MARIÑO
BIDUEIRA: ARGALLEIROS E ARGALLEIRAS DAS LETRAS
CARBALLO: MIRO VILLAR
CASTIÑEIRO: TUCHO CALVO
CEDRO: LOIS PEREIRO
CIPRÉS: A.D. RODRÍGUEZ CASTELAO
FAIA: ÁLVARO CUNQUEIRO
FIGUEIRA: LINO BRAXE
FREIXO: RAMÓN CABANILLAS
MACEIRA: FRAN ALONSO
NOGUEIRA: MANUEL RIVAS
OLIVEIRA: CELESTINO FERNÁNDEZ DE LA VEGA
OLMO: UXÍO NOVONEYRA
PIÑEIRO: ROSALÍA DE CASTRO
PRADAIRO: MARÍA LADO
SALGUEIRO: EDUARDO BLANCO AMOR
SOBREIRA: FRANCISCO CASTRO
TILEIRO: MANUEL CURROS ENRÍQUEZ
crebas twitter
-
Artigos recentes
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
- Lanzamento da edición facsimilar de Estebo, de Xosé Lesta Meis, co estudo introdutorio “Unha voz crítica da emigración galega a Cuba” da miña autoría (Obra de libre descarga)
- «Gaza on fire / Xenocidio televisado», poema na antoloxía de solidariedade Cantos de dor e liberdade
- «Pondal, Martelo e López Abente subiron de novo aos Penedos», a crónica de Xela Cid do roteiro literario polos Penedos de Pasarela e Traba organizado polo Semescom
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta
Moitas grazas, Miro polas túas palabras.
Agora deixo que escriban -algúns- dos verdadeiros protagonistas desta historia.
Moitas grazas polas túas palabras. Estamos moi orgullosos de que a nosa alameda se faga máis famosa grazas o teu interese por publicitarnos neste medio.
O teu carballo da alameda non é aínda tan grande como o da foto, pero tranquilo que será.
Dicirche que achegámonos a túa obra grazas as túas gravacións que compartes en Internet, e encantáronnos.
Botarémoste de menos na inauguración, pero enviarémosche un vídeo da nosa actuación ese día.
Alumnos de 4º da ESO do IES Castro da Uz.