(Folla do atlas de Hendrick Doncker, de 1659. Premer na imaxe para agrandar o tamaño)
O noso amigo Manuel Vilar Álvarez, antropólogo e recente comisario da exposición «Domingos de Andrade. Excelencia do barroco», prosegue a súa nova serie de colaboracións no diario dixital quepasanacosta baixo o epígrafe «As aberturas».
Polo seu innegable interese para as persoas que somos fisterráns de Nación, deseguida reproducimos o seu novo artigo intitulado «Monte Facho: un patrimonio de recalada», aínda que se pode ler o orixinal nesta ligazón.
Monte Facho: un patrimonio de recalada
Dada as características xeomorfolóxicas e a súa aparencia, o monte Facho de Fisterra é identificable no mar a gran distancia pola súa “silueta inconfundible”, como lemos en Costa do Solpor, a novela de Lema Suárez, “pois é coma unha man estendida no océano”. Por esa aparencia e situación estratéxica converteuse nun referente histórico para a navegación, e por iso foi colocado aquí, para mellor axudar á navegación, un dos primeiros faros do estado español, dos chamados de primeira orden ou de recalada, xunto ao das illas Sisargas e cabo Machichaco. O faro veu substituír ao facho, que deu nome ao monte, e ao facheiro que o acendía e tiña tino del.
Lembro, hai xa uns anos, unha mostra de cartografía na biblioteca pública de Nova York. Ao entrar nunha sala, mesmo en fronte da porta, había unha vitrina cunha folla do atlas de Hendrick Doncker, de 1659. Era a folla correspondente á península Ibérica, “Hispangiem”, pero a representación da mesma non era a usual, pois o Cantábrico non estaba arriba e Xibraltar abaixo. Abaixo estaba o Atlántico, Xibraltar á dereita e o Cantábrico á esquerda, é dicir, víase a península Ibérica como vindo polo mar desde o oeste e Fisterra era o lugar onde comezaba a terra firme e organizaba toda a folla; era o punto referencial. Entrando na sala alí estaba o punto de Fisterra como un imán que nos atraía e marcaba o rumbo a seguir na exposición. Ao igual que na inmensidade do mar, Fisterra era a referencia para orientarnos, para marcar o noso rumbo.
Hendrick Doncker traballa nun momento no que os holandeses buscan tamén navegar as augas do mar cos seus barcos. Ofrecerá mapas e libros para os navegantes, nun tempo no que se empezaban a ensanchar os camiños do mar e se reclamaba información para seguir eses camiños con máis seguridade e, dise, o mapa de Doncker era o que tiña a información máis completa, nuns momentos no que moitos deses mapas e cartas mariñas eran copias doutras, polo que a información era mala.
Neste sentido, Doncker quixo apartarse desta tradición “copista” e ofrecer información de primeira man, aínda que hoxe saibamos que non era correcta do todo. Así, vemos que todo o norte da península Ibérica está ocupado só por “Biscaja” e “Galisse”, chegando esta desde o norte de Portugal até Santander, ou que a nosa costa está inzada de illas. Mais, nunha edición posterior, é Biscaia a que chega até a ría de Ribadeo. Pero o que si está moi ben definido é que Fisterra era un lugar clave, un punto referencial que, como tal, aparecerá sempre nas cartas destes primeiros momentos da cartografía moderna.
Case un século despois Sarmiento imaxina a Galicia como un cadrado onde dous dos seus lados están bañados polo Océano. O ángulo que divide eses dous lados mariños, occidental e setentrional, “no es menos que el famoso Promontorio o cabo de Finis terre”. Para o ilustrado bieito o cabo de Fisterra divide os portos en altos e baixos e defíneo como “peligroso cabo”. Conta que vindo por Ponteceso atopou un patache con mariñeiros de Pontevedra que viñan cargar cacharros de Buño. Sorprendeulle que viñeran de tan lonxe a buscar unha mercadoría tan pouca apreciada, e era lonxe porque este país está “quan a trasmano”, que para chegar a el mesmo era preciso dobrar o cabo de Fisterra.
O naturalista e explorador xermano Alexander von Humboldt cita nos seus textos varias veces o promontorio fisterrán. A primeira vez que pasou navegando fronte a Fisterra fíxoo de noite e non o viu. Cando espertou pola mañá sorprendeuno un mar en calma e golfiños seguindo a estela do barco. Volvería pasar por diante de Fisterra e contemplar a silueta do monte Facho, pois dinos que en alta mar a montaña granítica que conforma o cabo Fisterra avístase desde unhas dezasete leguas. Como gran observador que era, compara o promontorio fisterrán co Teide ou co Pão de Açúcar, dos que di que son os maiores monumentos que a natureza erixiu para orientación dos navegantes.
E podiamos seguir con máis apreciacións. Só queremos recalcar e universalidade deste lugar e o valor cultural na construción dun patrimonio común occidental, un valor en construción desde os tempos en que, parafraseando a Fernando Pessoa, podemos dicir que os navegadores antigos tinham uma frase gloriosa: “Navegar é preciso; viver não é preciso”, algo que, despois, cantaban Caetano Veloso e Chico Buarque. Pero este valor é construído desde o mar, mais o Facho ten tamén outros valores construídos desde o habitar do día a día.
crebas twitter
-
Artigos recentes
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
- Lanzamento da edición facsimilar de Estebo, de Xosé Lesta Meis, co estudo introdutorio “Unha voz crítica da emigración galega a Cuba” da miña autoría (Obra de libre descarga)
- «Gaza on fire / Xenocidio televisado», poema na antoloxía de solidariedade Cantos de dor e liberdade
- «Pondal, Martelo e López Abente subiron de novo aos Penedos», a crónica de Xela Cid do roteiro literario polos Penedos de Pasarela e Traba organizado polo Semescom
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta