Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2016

20PopiePacoCabrera
(Fotografía de Manuel Álvarez que acompaña o poema «Popi e Paco Cabrera» do libro Gameleiros (2002), en fermosa edición xa descatalogada por Xerais, Premer na imaxe para agrandar o tamaño)
Remata un ano de entrega diaria a combatermos as incertezas futuras. Na vella Europa minguan decote as seculares conquistas dos nosos dereitos civís, democráticos e sociais, mentres medra a insolidariedade e a xenofobia semella non ter lindeiros.
Inxalá / Oxalá que saibamos (re)construír no novo ano algo do moito que levamos perdido. Sentidiño!
Moita saúde, moita poesía e moita felicidade neste 2016 que se achega para ti e os teus!
Miro Villar
«POPI E PACO CABRERA»
Sodes Cástor e Pólux, malia non conquistardes
unha inmortalidade que recompense o mérito
da vosa entrega diaria. Sodes Cástor e Pólux
porque vos une argazo, sal e o xeito imprevisto
de dicirlle palabras e silencios ao mar.

Esta entrada foi publicada en Poesía. Garda a ligazón permanente.