Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2015

2Pólvera2015
(Fotografía de Manuel Álvarez que acompaña o poema «Pólvera» do libro Gameleiros (2002), en fermosa edición xa descatalogada por Xerais. Premer na imaxe para agrandar o tamaño)
Remata un ano difícil, doloroso, duro no ámbito persoal. E as incertezas futuras seguen a ser moitas (alén de continuaren as retalladas nas seculares conquistas dos nosos dereitos civís, democráticos e sociais), porén que teñamos no padal os sabores da vitoria e que non sexa efémera.
Moita saúde, moita poesía e moita felicidade neste 2015 que se achega para ti e os teus!
Miro Villar
“PÓLVERA”
No mar medran froiteiras e as mans do mariñeiro,
mans de ferro, con fendas salgadas do traballo,
collen xurelos de ollos cegos e escamas tona
de prata, que relocen en cestos de esperanza;
mentres o home interroga xa o día de mañá.
(Manuel Álvarez, nunha imaxe de La Voz de Galicia)
ManuelÁlvarez

Esta entrada foi publicada en Poesía. Garda a ligazón permanente.