Moita saúde, moita poesía e moita felicidade neste 2014


(Fotografía de Manuel Álvarez que acompaña o poema «Nerón» de Gameleiros (Xerais, 2002). Premer na imaxe para agrandar o tamaño)
E cando as incertezas futuras son moitas (continuas retalladas en seculares conquistas dos dereitos civís, democráticos e sociais), que teñamos finalmente sabores de vitoria e que non sexa efémera.
Moita saúde, moita poesía e moita felicidade neste 2014 que principiamos para ti e os teus!
Miro Villar
“NERÓN”
A raia do destino fala na man aberta
e debuxa a pantasma branca e impertinente
da incerteza futura. Cada xornada a loita
pode ter, finalmente, sabores de victoria
mais sempre será efémera como o noso horizonte.
(Manuel Álvarez, nunha imaxe de La Voz de Galicia)

Esta entrada foi publicada en Arte, Fotografía, Manifestos, Poesía, Tradicións. Garda a ligazón permanente.