Moita saúde e moita felicidade no ano bisesto ou bissexto 2012



«Mar azul» canción de Cesária Évora. Na primeira versión interpretada pola cantora caboverdiana e na segunda nun dueto con Marisa Monte, emitido en 2001 na RTP.
«Oh… Mar, anô passá tempo corrê», di un dos versos desta canción da amada e chorada voz de Cesária Évora. Así é, o tempo corre e xa se foi este ano once. Malia ser vate, non son quen de facer vaticinios sobre o vindeiro ano, que os gurús da economía agoiran cheos de dificultades. Porén, nós necesitamos a esperanza e a ilusión. Velaí pois os meus desexos de que chegue onda vós unha enorme vaga de mar que vos deixe moita saúde e moita felicidade no ano bisesto ou bissexto 2012. Inxalá que todas as crebas que apañedes nas costas dos vosos corazóns sexan de proveito. Bicos e apertas atlánticas.
Mar Azul
O Mar,
Deta quitinho, bô dixam bai
Bô dixam bai spia nha terra
Bô dixam bai salva nha Mãe…
O Mar,
Mar azul, subi mansinho
Lua cheia lumiam caminho
Pam ba nha terra di meu
São Vicente pequinino,
Pam ba braça nha cretcheu.
Oh… Mar, anô passá tempo corrê
Sol raiá, lua sai
A mi ausente na terra longe…
O Mar…

Esta entrada foi publicada en Música, Poesía. Garda a ligazón permanente.