Mensaxe do Día Mundial do Teatro 2012, por John Malkovich


(John Malkovich por Alejandro Muñoz, óleo sobre tela, 25 x 33 cms, 2006. Vía: loborojo)
Publico a versión galega da Mensaxe do Día Mundial do Teatro 2012, escrita polo actor, director e productor John Malkovich, traducíndoa desde a revista de teatro Artezblai. Unha xornada festiva e reivindicativa, na que os profesionais galegos farán unha protesta contra a politíca cultural (case inexistente), en tempos de abafante para o sector e para o conxunto da sociedade, por parte do goberno da Xunta de Galicia.
Mensaxe do Día Mundial do Teatro 2012
O Instituto Internacional do Teatro-ITI da UNESCO honroume coa súa petición de realizar esta mensaxe na conmemoración do 50 aniversario do Día Mundial do Teatro. Vou dirixir estas breves consideracións aos meus compañeiros do teatro, os meus pares e camaradas.
Que o voso traballo sexa convincente e orixinal. Que sexa profundo, conmovedor, reflexivo e único. Que nos axude a reflectir a cuestión do que significa ser humano e que o devandito reflexo sexa guiado polo corazón, a sinceridade, o candor e a gracia. Que superedes a adversidade, a censura, a pobreza e o nihilismo, algo ao que, de certo, moitos de vós estaredes na obriga de afrontar. Que sexades bendicidos co talento e o rigor necesarios para nos ensinar como latexa o corazón humano en toda a súa complexidade, así como coa humildade e curiosidade necesarias para facer diso a obra da vosa vida. E que sexa o mellor de vós – xa que será o mellor de vós, e aínda así, hase dar só nos momentos máis singulares e breves – o que consiga enmarcar esa que é a pregunta máis básica de todas: “Como vivimos?” Boa Sorte!
John Malkovich

Esta entrada foi publicada en Manifestos, Teatro. Garda a ligazón permanente.

2 respostas a Mensaxe do Día Mundial do Teatro 2012, por John Malkovich

  1. VIAJERAZUL di:

    xa que es aficionado á fotografía, recoméndoche a páxina web de Lottie Davies, que por certo está de exposición en Madrid

Os comentarios están pechados.