O escritor e xornalista barcelonés Francisco González Ledesma, que acadou a súa maior relevancia co pseudónimo de Silver Kane, finou onte e foron moitos os testemuños que se achegaron ao seu legado literario, porén quixera salientar un retrato publicado antes do seu pasamento polo seu propio fillo, o xornalista Enric González, na dixital Revista FiatLux.
Moitos de nós fomos lectores de Silver Kane, como ben lembrou o escritor Agustín Fernández Paz nesta espléndida anotación da súa propia bitácora intitulada «As novelas de quiosco», da que reproduzo este fragmento:
(…)
Aínda que había unha grande variedade, distinguíanse catro xéneros principais: as de historias románticas, as do Oeste ou “de vaqueiros”, as policiacas e as de ciencia-ficción.
Se ben algúns autores asinaban co seu nome verdadeiro (como Marcial Lafuente Estefanía, figura principal nas do Oeste; ou José Mallorquí, autor da serie El Coyote; ou Corin Tellado (raíña indiscutible nas do xénero romántico), a maioría facíano cun nome ficticio, que as editoriais xulgaban máis comercial.
Deste xeito, na actualidade sabemos que Silver Kane era Francisco González Ledesma, hoxe recoñecido autor de novela negra; Keith Luger era Miguel Oliveros Tovar; Clark Carrados, o pseudónimo de Luis García Lecha; Curtis Garland, o de Juan Gallardo Muñoz, etc
(…)
A homenaxe de Agustín Fernández Paz fíxome (re)pensar na miña propia lectura na mocidade deste xénero de literatura popular ou de quiosco. En efecto, sendo rapaz pasei das primeiras lecturas e de libros como a serie Os cinco de Enid Blyton e cousas así a ter unha época de voraz lectura das novelas de quiosco ou populares, nas que se teño acordanza fun iniciado polo meu amigo e compañeiro de aulas Xosé María Costa Lago, hoxe licenciado en Historia e bibliotecario na Facultade de Filoloxía da USC.
As primeiras noveliñas debeumas emprestar Costa, se mal non lembro, mais logo gastaba a pequena paga semanal en ir ao desaparecido Cine España da miña vila de Cee (que nós chamamos Jiménez, apelido do dono, e ás veces con retranca tamén Timénez, onde vin os primeiros western) e en mercar algunha destas noveliñas no quiosco da alameda, o quiosco de Quino Recamán. Despois, algunhas delas as intercambiamos Costa e mais eu ou iamos ao propio quiosco e, sobre todo, a unha barbería, a de Manolo, onde por un módico prezo (agora non lembro a cantidade) cambiabas a túa novela ou novelas, pois eu levaba sempre un feixe delas, por algunha non lida, xa que o barbeiro tiña centos e centos ao noso dispór.
Dos subxéneros que fala Agustín Fernández Paz, e ao que eu engadiría as novelas de terror ou misterio, sempre tiven preferencia polas denominadas «do Oeste». E aquí vén a miña predilección por Silver Kane, que era o pseudónimo de Francisco González Ledesma. Sempre desbotaba as de Marcial Lafuente Estefanía e as de José Mallorquí tampouco me chistaban moito, unhas e outras semellaban demasiado iguais entre si ou esa era a impresión que daquela eu tiña. E procuraba sempre dous autores: Silver Kane e Keith Luger, pseudónimo este último de Miguel Oliveros Tovar, coruñés, fillo de militares destinados na cidade. Eran, con moito, os meus preferidos. Alén de que as súas historias eran máis enguedellantes, tiñan un erotismo suxerido, nada explícito, que a preadolescentes coma nós facía que nos fervesen as hormonas. Con Silver Kane moito aprendín, nomeadamente de léxico e de xeografía. Aínda hoxe lembro moitas cidades e vilas dos estados de Arizona, California, Kansas, Nebraska, Oregón, Texas, Utah e outros, que doutra maneira non sabería nin situar nun mapa, desertos como o Mojave, ríos como o Colorado e tamén os seus canóns, montañas como as Rochosas ou a Serra Nevada, os emprazamentos das reservas e dos territorios naturais das diferentes tribos indias e unha longa listaxe máis que faría esta anotación sobexo prolixa.
Foron moitas as horas de lectura durante algúns anos, que logo arrefriou por completo, e por esta razón Silver Kane, isto é Francisco González Ledesma, terá sempre un oco na miña memoria. E poucas persoas saben que antes de ser eu escritor monolingüe en galego, cando cursaba oitavo da EXB escribía unha noveliñas a man e editadas por min, nas que imitaba ao amado Silver Kane. Sei dun amigo e compañeiro de aulas, corcubionés, mais do que non direi o nome, que aínda garda algún deses exemplares que sinceramente espero nunca vexan a luz, por moito que fosen a primeira cousa que saíu da miña produción literaria, malia crer ben que non mereza ese nome.
Moitos anos despois, nunha desas asiduas conversas co crítico e amigo Xesús González Gómez, nas que tanto aprendín e aprendo, souben da biografía do autor edos problemas das súas primeiras novelas coa censura franquista, que foron o motivo principal de que nacese Silver Kane e que escribise máis de mil novelas populares, case unha por semana. E XGG sempre me dixo que era un excelente novelista da serie negra, malia a súa obra asinada como Francisco González Ledesma non ser tan divulgada e valorada.
Que a terra, talvez dos áridos territorios das súas novelas, lle seva leve a Silver Kane, Francisco González Ledesma!
crebas twitter
-
Artigos recentes
- Presentación de “Cantos de dor e liberdade. Voces galegas por Palestina” o sábado 18 de febreiro, ás 11:30 no Museo do Pobo Galego
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2025
- «Os artigos literarios de Baldomero Cores Trasmonte no diario vespertino La Noche», en Grial 243
- Lectura no Pico Sacro do poema “Apuntamentos para unha «Alba de Groria»” no Roteiro polos espazos vitais e literarios de Castelao na Estrada
- Entender para vivir, un libro e un recital para lembrar a escritora coruñesa Luísa Villalta
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Xaneiro 2025 (1)
- Decembro 2024 (1)
- Novembro 2024 (1)
- Outubro 2024 (1)
- Setembro 2024 (1)
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta