O artigo semanal do amigo escritor estradense Xosé Luna Sanmartín, publicado na súa sección «Da lectura e outras Cousiñas» no xornal dixital Noticieiro Galego, desta volta co título «Cigalas e bicos», teima en relacionar gastronomía e literatura. Na súa argumentación principia por rememorar nos seus primeiros parágrafos a miña participación (xa un chisco perdida nas néboas da memoria) nas «I Xornadas Poéticas» celebradas no CEIP do Foxo (A Estrada) o 10 de maio de 2006. De feito, as cativas imaxes que acompañan esta anotación están tiradas da prensa do día seguinte, así a edición do Deza-Tabeirós de Faro de Vigo titulou a nova co seguinte epígrafe: «Los poemas se cuecen a fuego lento».
Velaquí o artigo completo do amigo Xosé Luna Sanmartín:
Cigalas e bicos
Nunha ocasión, hai xa anos, o poeta Miro Villar deu no Salón de Actos, “Varela Buxán” do meu cole do Foxo, unha desas charlas que procura que nos mergullemos no apaixonante mundo da lectura.
Chegou cargado cunha pota grande e fixo unha marabillosa comparación entre a elaboración literaria e a elaboración gastronómica. E é que tanto os poemas, contos, relatos, novelas, como as patacas, ovos, peixes, carnes e mariscos, precisan do traballo, da minuciosidade, da paciencia, da creatividade (léase, autenticidade) do agarimo da escrita e da cociña.
Unha sinxela suxestión. Ben sabido é que en Galicia temos un infindo catálogo de festas gastronómicas nas que papar de todo o que nos imaxinemos. Por que non xuntar, xa que logo, os versos do poeta da Costa da Morte cos percebes do Roncudo. Ou por que non aderezar as patacas e os ovos da Festa da tortilla de Laro cunha lectura do mago Cunqueiro.
Literatura e gastronomía. Sabores e palabras. Velaí a verdadeira fórmula para acadar a tan desexada animación á lectura. Somos o que lemos, o que soñamos, pero tamén somos o que comemos. Os mellores títulos do uni(verso) literario adobiados coas mellores viandas do planet papatorio.
Que…? Vas á Festa do Salmón da Estrada? Pois si que este ano fan unha empanada de salmón riquísima, seica vai acicalada con sabedeiras palabras do dicionario de Marcial Valladares.
E así ao longo e ancho de toda a nosa xeografía. A Festa do Polbo á Feira e Rosalía de Castro. A Festa do Cocido de Lalín e Xosé Vázquez Pintor. Sobre a Vellez de Cicerón (que non pode estar presente por motivos de contexto histórico) e a Festa dos Maiores. Andar ás apóutegas de Rafa Lobelle e a Festa dos Cogumelos de Salceda de Caselas. A Festa dos Pereiriños da parroquia estradense de Curantes e os feitizos da Coitada Lúa ou das Estrelas de Azucre da “Princesa do Ar”, Rosalía Morlán.
Xa estou vendo os titulares dos xornais, “Éxito da Festa do Marisco do Grove, degustáronse na xornada do domingo 30.000 racións de Os Santos nunca dormen aviadas pola cociñeira grovense, Teresa González Costa.
Ou, Vila de Cruces (corresponsal). “Cheo total na Festa do Galo de curral. 24.385 comensais deron cumprida conta dos sabedeiros pratos De Sol a Sol preparado polo recoñecido chef internacional, don Xosé Neira Vilas.
E mesmo poderiamos exportar a fórmula literaria – gastronómica aos nosos veciños europeos. Nunha man Sir William Shakespeare e na outra unha de Fish and cheeps recen feitos nunha Bookshop – Restaurant de Norbury. O bacalhau à minhota e A caverna de Saramago. James Joyce e o asado de cordeiro nun recuncho do Temple Bar de Dublín. Unha copa de Moët Chandon enfeitizado cuns finos versos de Baudelaire, Rimbaud, Verlaine ou Bretón. Un bo asado (recoméndase xantar na taberna A illa do tesouro) e calquera das historias dese Tusitala (contador de contos) chamado Robert Louis Stevenson (Dr. Jekill e Mr. Hyde, por exemplo).
Desculpade un momento. Teño que atender ao móbil. Si. Si. Si. Por suposto. Faltaría máis. Alí estarei. Non hai fallo. Enchanté. Grazas a vós.
Perdoade. Eran da comisión da Festa da Cigala. Están empeñados en que cociñe O libro dos bicos en Marín. E díxenlle que si, naturalmente.
Encántanme as cigalas e louqueo cos bicos. Ou é ao contrario. Ben, en todo caso, estades todos invitados.
crebas twitter
-
Artigos recentes
- Entender para vivir, un libro e un recital para lembrar a escritora coruñesa Luísa Villalta
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
- Lanzamento da edición facsimilar de Estebo, de Xosé Lesta Meis, co estudo introdutorio “Unha voz crítica da emigración galega a Cuba” da miña autoría (Obra de libre descarga)
- «Gaza on fire / Xenocidio televisado», poema na antoloxía de solidariedade Cantos de dor e liberdade
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Setembro 2024 (1)
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta