Onte tiven o pracer de presentar o libro Máxico tear natural, do amigo Xosé Manuel Lobato, dentro do I Simposium Monte Pindo. O Olimpo celta, a debate, que organizou a dinámina asociación Monte Pindo, Parque Natural. Velaquí a miña intervención:
Hai un par de anos saudei o libro Retorno a Natura (Alvarellos Editora, 2009) de Xosé Manuel Lobato cunhas palabras de Eduardo Galeano: “O home é o único animal que corta a póla sobre a que está sentado”, pois resumían a cerna do volume, que non era outra que a preocupación ecolóxica e o respecto polo medio ambiente. Algunhas desas prosas coñeceron unha primeira versión que se publicou nas páxinas do extinto (en papel) xornal Galicia Hoxe, un feito que non deixa de nos preocupar, compartamos ou non a liña editorial desta cabeceira.
(Por certo, aquel libro incluía un texto intitulado “Profanación sen control” no que o autor se manifestaba contra as ameazas en forma de piscifactorías que sobrevoan Quilmas e Porto do Son e tamén visitaba as abas do Monte Pindo).
Con moitos vimbios que poderían construír un cesto semellante a aqueloutro, Máxico tear natural (Alvarellos Editora, 2011) de Xosé Manuel Lobato abre novas perspectivas, sen que por iso se afaste por enteiro da prosa poética e da denuncia que aliñaban as páxinas da súa anterior entrega. Podería, pois, ser unha segunda parte, mais alentan aquí aspectos novidosos e está máis próximo do caderno ou libro de viaxes. E habería que lembrar as palabras do poeta leonés Julio Llamazares “los libros de viajes son literatura en estado puro”. Non fago esta cita ao chou, pois o novo libro de Lobato está moi emparentado con libros de Llamazares como El río del olvido, onde se describe polo miúdo un roteiro a pé que segue o curso do río Curueño, no corazón das montañas leonesas, nun espazo impresionante e fermoso, afectado pola despoboación. “Foxa do lobo”, que retrata unha aldea da serra do Xurés, ou sobre todo “Ciclo pechado”, que segue a canle do río Selmo nas montañas do Courel serían testemuño desta querencia de Lobato por espazos que estamos a condear ao abandono e ao silencio.
De feito e a xeito de Limiar, nas “Palabras previas” o autor xustifica as razóns que o levaron a escribir esta proposta, entre elas que o libro “foi realizado con tanto apego á terra que leva dentro o seu intenso arrecendo e cativador espírito que sempre magnetiza”.
Son 23 prosas para 23 roteiros posibles, que se inician no carreiriño da punta Cabicastro (Sanxenxo), sentindo o barrelo das illas Cíes ao lonxe, e que rematan no mentado percorrido polo Courel, no que o ficional personaxe de Xan da Devesa rende contas e manifesta o seu desexo de regresar á terra nativa da que se afastou aos quince anos (e outra volta a problemática da emigración que enche moitas das páxinas escritas por Lobato, en especial os libros Diáspora.com (2002) e Cos pés na peneira (2005), mais tamén os seus estudos académicos). Tema que tamén protagoniza o relato “Cantar para unha branca merliña”, que inclúe unha sentida homenaxe ao poeta rianxeiro Faustino Rey Romero.
A ollada do narrador, e aquí eu vexo ao atento camiñante que non quere deixar fuxir detalle e que percorre devagariño os espazos armado co seu lapis e o seu caderno (ben o sei por ter partillado co autor varias camiñadas, entre elas a subida á Moa), vai tecendo as palabras que o levan a defender as construcións que herdamos do mundo rural, hoxe en descomposición. Así, “Moendo na historia” lembra o pasado das muiñadas nos muíños de Armenteira no Salnés, ou coñecemos en “Soidade nas fragas” (do Eume) as denominadas “curritas” (eu aprendino neste libro), que son construcións adicadas á conservación das castañas, o alimento da nosa poboación antes de chegaren as patacas de América. Ou aquelas obras de enxeñaría romanas como o Montefurado, en “Relicario vermello” Lobato describe as cicatrices deixadas polo túnel naquela terra de cores ocres.
E aínda hai lugar para outros ríos, de vida, porque o Lobato pescatín de troitas sente verdadeira fascinación polos cursos fluviais. Alén dos citados, está o Támega en “Brillante movemento continuo” que nos ofrece “unha fonoteca mística de dimensións e resonancias infinitas”, o río Varón en “Rodando no medievo”, que acompaña a un camiño Real que foi tamén a ruta dos arrieiros na comarca do Avia, ou o “Solsticio no Samo”, pequeño río do concello de Frades onde “unha parella de troitas xira sobre o cume das augas describindo un círculo perfecto, imbuídas no seu estraño xogo mentres son arrastradas pola corrente”. E, como non, o “Ulla silandeiro”, no que atopamos unha detallada descrición de todas as ameazas que alteran o seu sosego: sobexos aproveitamentos hidroeléctricos, contaminación por vertidos que se fan con impunidade ou o descoñecemento da flora e da fauna que se deberían protexer e poñer en valor medioambiental.
Alén dos ríos, tamén o mar en “Nunca xamais” que nos leva a percorrer As Sinas e a illa da Cortegada, coa microtoponimia dunha serie de cons e marcas do mar, os vellos nomes con arrecendo salgado que sempre debemos recuperar e conservar como parte do noso patrimonio marítimo cultural. “Mística surada” achéganos ás illas de San Simón e de San Antonio, relembrando o seu esplendoroso pasado na literatura medieval e esquecendo, aposta, a súa negra historia de cárcere e campo de concentración franquista.
“Fiteiro sosego feiticeiro” engrandece a historia mítica e lendaria do Pico Sacro que se humaniza coa homenaxe ao vello mestre Manuel Gacio que introduciu a todo o seu alumnado, e Lobato foino, na consideración e no respecto polo sacro monte do Codex Calixtinus. E o personaxe de Xusto Plácido fai outra proposta semellante desde os penedos do Oulego, no aciñeiral da Serra da Lastra.
Tamén hai lugar para as presenzas fantasmais ou misteriosas como a que enche o “Luar do Carboeiro” que envolve o magnífico mosteiro románico. Ou o “inmenso e fastoso cofre” que debuxa a inmensidade doutra abadía, o mosteiro de Samos. Ou o concerto dunha banda que realza o templo visigodo de Bande, en perfecta harmonía entre o son e a pedra milenaria. Ou a fonte que satisfai a sede dun grupo de peregrinos ao pé co castelo de Pambre, mentres “A vouga ollada vacún” dunha Marela testemuña o paso dos romeiros preto da igrexa de San Nicolás.
E como non, dialoga tamén Lobato con varios dos nosos viaxeiros, como Ramón Otero Pedrayo (en Pelerinaxes I, 1929, no que tamén hai personaxes que axudan ao narrador a describir a viaxe, ou na súa máis científica Guía de Galicia, 1954, escrita en castelán) e Ben-Cho-Shey (pseudónimo de Xosé Ramón e Fernández-Oxea, autor daquel magnífico “Maestros menores del Románico rural gallego”, publicado en Cuadernos de Estudios Gallegos, XVII, 1962), para nos ofrecer outra perspectiva na lembranza antropolóxica do culto de Santo André de Teixido.
E finalmente nós, os habitantes desta fin última da terra, “Fieira na terra do acolá” onde se percibe a insignificancia do ser humano no cabo de Fisterra, “Camariña profunda” que narra o fermoso paseo que se pode facer entre Santa Mariña e o cabo Vilán, con especial incidencia no Monte Branco e no Cemiterio dos Ingleses, onde naufragaron o Serpent e o Trinacria, e onde as boleiras ou coídos formados pola natureza semellan querer render a súa homenaxe a Man, o alemán de Camelle, a quen matou a dor da desfeita do Prestige. E “Necrópole pétrea” para falar da pena da Moa, no Monte Pindo, irmanada na lenda da raíña Lupa co Pico Sacro da infancia do noso autor.
Paisaxe física e paisaxe humana, porque Lobato tamén soubo escoitar ás persoas coas que se cruzou nestes roteiros, porque como tamén dicía o leonés Julio Llamazares: “Los mejores escritores que yo he conocido son los viejos de mi pueblo, de cualquier pueblo, porque cuentan como nadie, como me gustaría contar a mí, con una magia y una capacidad de fascinar, que es lo que creo que los escritores más o menos profesionales intentamos imitar”.
En definitiva, Lobato tratou de nos transmitir a beleza dos espazos a través da emoción da linguaxe, que pretende ser minuciosa, precisa, e da ollada sempre atenta e perspicaz, unha ollada limpa que ás veces tropeza co descoido ou, peor aínda, co esquecemento destes lugares que fan parte de Nós.
crebas twitter
-
Artigos recentes
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
- Lanzamento da edición facsimilar de Estebo, de Xosé Lesta Meis, co estudo introdutorio “Unha voz crítica da emigración galega a Cuba” da miña autoría (Obra de libre descarga)
- «Gaza on fire / Xenocidio televisado», poema na antoloxía de solidariedade Cantos de dor e liberdade
- «Pondal, Martelo e López Abente subiron de novo aos Penedos», a crónica de Xela Cid do roteiro literario polos Penedos de Pasarela e Traba organizado polo Semescom
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta
Pingback: As crebas » Recensión a Máxico tear natural, de Xosé Manuel Lobato, tamén en Grial 191