Onte estivemos no compostelán Teatro Principal na gala de inauguración das xornadas poéticas Festival Alguén que RESPIRA!, que coordina o poeta Antón Lopo.
As persoas asistentes puidemos gozar das lecturas ou recitacións de poetas nosos como Salvador García-Bodaño, María Xosé Queizán, Isaac Xubín e Yolanda Castaño, da catalá Maria Sevilla e da asturiana Olvido García Valdés.
Ao tempo recibimos na entrada un ramalliño de flores naturais e un libro – programa completo do ciclo, deseñado por Manuel Martínez, que inclúe significativas achegas poéticas e un pequeno perfil biográfico de cada poeta participante neste evento que se desenvolve en diversos lugares da cidade até o próximo sábado.
O volume tamén incorpora o Manifesto que o festival lle encargou á escritora María Xosé Queizán, espléndido texto que reproducimos deseguida.
Manifesto do Día Mundial da Poesía, de María Xosé Queizán
Un mexillón na boca fai circular o Atlántico polas veas,
ese océano vital que estremece os baixíos de Fisterra
configurando espazo, tempo e xente.
Furioso mar detido por esgrevias illas e rudas pedras,
sosega na lámina das rías.
Non se vexan alteradas criaturas bivalvas abrazadas
nas rochas, ocultas na area, bebendo o mar.
Abren os labios de vulva vibrante sorbendo nas ondas
como a amiga que agarda ilusionada o amor
na beiramar.
O amor será algo máis que saudade?
Se vistes o meu amigo, ondas do mar de Vigo,
E verrá cedo?
Vir, veñen as amigas cómplices dos soños
e no sagrado de Vigo bailaba corpo belido.
Será a pluma de Martín Codax quen recolla tanta beleza.
No lusco e fusco, unha cantiga lle corre polas veas
cantando na harmoniosa lingua galega
arrolada polo Atlántico, polo Miño e máis de mil ríos
lambendo salgueiros, amieiros e carballos, do verde confín,
no Findasol.
Lingua que traballara o latín dos devanceiros, século a século
con xeito, fonema a fonema,
para entregarlla perfecta aos poetas medievais.
Xorden nas súas bocas fermosas Cantigas
de amigo, de amor e de escarnho e maldicer,
onde se irá formando o humor e a retranca de noso.
A poesía galega brilla, espléndida
nos mosteiros, castelos e na voz dos trobadores.
Tan unida está á composición poética que alanca
polas veas ibéricas e gustarán cantar en galego
na época medieval.
Lingua que levarán a África, Asia, América e Oceanía
intrépidos navegantes por incertos mares,
en nome de Portugal.
Afonso Enríquez sae altivo do castelo de Guimaráns
e só mira par o Sur.
No norte a odiada tía Urraca non quixo chamarse Pega.
O fillo Afonso Reimundez foi rei un intre.
Pouco lles durou o poder.
Mentres medra en ultramar, mesturada con sons indíxenas,
a lingua galega no seu berce perderá o creto,
o ser para si, e para os outros.
Cando o poder absolutista domina noutra lingua,
o galego, castelanizado, devén verbas desprezadas
sons sen valor, buracos baixo cetros penetrantes.
Fascinación do poder, arma que non está nas mans dos poderosos! Outra lingua subindo polas veas de labregas e
mariñeiros, como virus mortal e sedutor,
narciso repoludo que Galicia idealizaba.
Sancionouse a violación.
Quen, onde, como se habían gardar os tesouros poéticos
Sen centros políticos e culturais?
En Galicia perderon a memoria.
As cantigas. Ulas?
Ninguén escribe en galego nos escuros séculos vindeiros.
Unha onda romántica rumia nas veas de poetas rebeldes,
buscan sons harmoniosos no océano popular.
Rosalía, Pondal e Curros
fachendosos de seren os primeiros en cantar
unhas verbas de ferro, que Pondal faría de ouro
ou o que lle proía a Rosalía pola banda de Laiño.
Ignoran as cantigas medievais que agora nos asombran
e visitan, cruzando o atlántico.
Carentes de modelos escriben noutra lingua
palabras que o pobo analfabeto teimou en conservar.
Máis tarde descubríronse os Cancioneiros medievais.
Cunqueiro, Bouza Brey ou Álvarez Blazquez deron en imitar
as estruturas, mais
hélàs
na mesma fonética e ortografía estranxeira,
na que seguimos a escribir e a traballar.
Madía leva.
Unha ditadura volveu negar os sons de noso
Escribe en cristián!, ordenaron. Menos mal que
o ateísmo agatuñaba nas veas poéticas.
Rosalía, milagre do s.XIX, impulsa azos
e as mulleres entran no Parnaso.
Van na nave da Festa da Palabra Silenciada a toda vela
e todas navegar.
Estilos, xéneros e sexos variados.
Innovacións, textos orixinais.
Hoxe non nos han calar.
O pasado arraiga na poesía.
Un vento de futuro nos empuxa a crear.
Poetas alcemos as copas metafóricas
para brindar no esplendoroso 2018.
Viva a poesía!
crebas twitter
-
Artigos recentes
- Altri NON
- Mensaxe de Audrey Azoulay, Directora Xeral da UNESCO,co do Día Mundial da Poesía, 21 de marzo de 2025 (Versión galega)
- Adeus a Bernardino Graña, profeta do mar
- Presentación de “Cantos de dor e liberdade. Voces galegas por Palestina” o sábado 18 de febreiro, ás 11:30 no Museo do Pobo Galego
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2025
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Marzo 2025 (2)
- Xaneiro 2025 (2)
- Decembro 2024 (1)
- Novembro 2024 (1)
- Outubro 2024 (1)
- Setembro 2024 (1)
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta