Luis Cochón recensiona As crebas

O profesor Luis Cochón (na foto do público na Libraría Couceiro en primeira liña, xunto ao académico e poeta Ramón Lorenzo e a fotógrafa Maribel Longueira) é o autor dunha das primeiras recensións sobre As crebas, publicada o día despois da súa presentación compostelá, no malfadado Galicia Hoxe. Cochón céntrase en datos eruditos sobre a figura de Serafín Ferro,
que aparece nos versos do pórtico do libro, mais tamén di moitas cousas atinadas (ao meu ver) sobre o meu libro. Velaquí un extracto: 
En “As sabas a clareo”, un dos mellores poemas (que son moitos) da entrega -tan de Heaney- “a memoria branca e o / se recendo asolaga os recantos dos teus espazos internos”. Memoria branca que ecoa en “Insomnio II” como si entre os versos se escondesen abirtas fluentes que trasegan as sombras cara a vida, xunta á lus: aínda que o autor non estea por esa certeza.
E a lectura completa do seu artigo nesta ligazón.

Esta entrada foi publicada en Poesía, Recensións. Garda a ligazón permanente.