La voz dormida, novela de Dulce Chacón, levada ao cinema por Benito Zambrano


Agardo expectante, por varias razóns, a chegada da película “La voz dormida”, que tivo a súa estrea na 59ª edición do Donostia Zinemaldia Internacional Film Festival (ou Festival de Cine de San Sebastián). De primeiras porque está baseada nunha novela que me emocionou e tamén me entusiasmou, La voz dormida, da que podedes ler aquí o seu primeiro capítulo (Nunha web arxentina pódese ler enteira, mais non a vou publicitar porque atenta contra os dereitos de autor). A primeira frase xa é brillante e fai que nos interese a lectura: “La mujer que iba a morir se llamaba Hortensia”. A súa autora é Dulce Chacón (Zafra, Badajoz, 6 de junio de 1954 – Brunete, Madrid, 3 de diciembre de 2003), enorme escritora que nos deixou con só 49 anos. E logo porque está dirixida por Benito Zambrano, home de poucas películas, mais entre elas está esa magnífica “Solas“, unha reflexión conmovedora sobre o universo feminino. Moito máis frouxa era aqueloutra intitulada “Habana blues”. Carlos Boyero, o crítico de cine de El País, sempre duro nos seus xuízos, publicou hoxe unha crítica que cualifica a película como “cartón piedra sentimental”, mais aínda así habemos de asisitir á súa proxección en canto poidamos.

Esta entrada foi publicada en Cinema, Historia, Narrativa. Garda a ligazón permanente.