Imaxes da presentación de Breizh





(Premer nas imaxes para agrandar o tamaño)
Velaquí unhas imaxes da presentación do meu poemario Breizh (Toxosoutos, 2012), cedidas xentilmente polos “reporteiros” Xesús e María Couceiro da “prestixiosa axencia internacional” Libraría Couceiro.
Na mesa, Xosé María Lema Suárez, presidente do Semescom (Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte) e autor do Limiar «Na procura das fisterras atlánticas», eu propio e David G. Couso, director literario da editorial Toxosoutos.
No público, podo distinguir, de esquerda a dereita e de adiante cara atrás a meu irmán Rafa Vilar e Luís Cochón; Eduardo Estévez e María Tuñas; Antón Santamarina, “Menani” Ríos Panisse e Ramón Lorenzo; Anxos Sumai, alguén que non percibo e Encarna Pego; Manuel Suárez, Xosé María Rei Lema e Carlos Negro; Mónica Baleirón, Manuel Domínguez Rial e Xoán Carlos Domínguez Alberte.
Toda xente amiga e benquerida. Non están todos porque algúns chegaron ben principiado o acto e ben que estaban cando fomos tomarlle un viño (grande tirón de orellas!!!) e outros desculparon a súa ausencia, xesto que agradezo inmenso.
A todas elas, a todos eles, beizóns, moitas grazas e obrigado.
(Xa vedes que pasei lista, ha, ha, ha!!!)

Esta entrada foi publicada en Fotografía, Poesía, Presentacións. Garda a ligazón permanente.