Hemeroteca: 44 recensións literarias no semanario A Nosa Terra entre 1987 e 1994


(Portada do nº O de A Nosa Terra)

O pasado 2 de abril anunciábase, non sen tempo, a completa dixitalización e o acceso público a todos os números en papel do desaparecido semanario nacionalista A Nosa Terra, grazas a un acordo técnico asinado entre a Fundación A Nosa Terra, que aínda mantén actividade na rede, e o Consello da Cultura Galega. A hemeroteca pódese consultar para lectura ou descarga nestas dúas ligazóns:

Hemeroteca

http://consellodacultura.gal/fondos_documentais/hemeroteca/coleccion.php?id=7523

A edición contemporánea desta cabeceira, que recollía o nome daqueloutra nacida en 1907, percorre máis de tres décadas desde o seu nº 0 (2 de decembro 1977), até o derradeiro en papel, nº 1417 (29 de xullo 2010), pois en agosto a empresa editora anunciou suspensión de pagamentos.

Esta dixitalización é para min, sen lugar a dúbidas, unha magnífica nova por moitas razóns, xa que me permite reconstruír paisaxes vividas na miña formación persoal ou lectora. De feito, puiden recuperar para o meu arquivo 44 recensións literarias, agás algunha excepción case todas elas sobre libros de poesía, que publiquei no seu «Guieiro cultural» entre nº 324 (8 de outubro 1987) e o nº 611 (3 de marzo 1994), pois nesta altura a chamada do escritor e xornalista Antón Lopo (daquela aínda Antón Rodríguez López ou Antón R. López) fixo que pasase a colaborar con recensións nas páxinas culturais do xornal O Correo Galego, e xa non fun quen de compatibilizar estas angueiras cos meus últimos anos de estudo na Facultade de Filoloxía.

Na primeira desas recensións en ANT ocupeime do poemario Mar do Fin da Terra, de Cesáreo Sánchez Iglesias, e na derradeira reseñaba o poemario De mañá qué medo (Tristura e paixón en Compostela), de Xosé María Álvarez Cáccamo. Escritas na denominada normativa de mínimos, que era maioritaria no semanario, velaquí deseguida os títulos e datas de todas elas:

1  “Veñen as palavras fulvas do Cesáreo”. A Nosa Terra, 324, 8 de outubro, 1987. (sobre Mar do Fin da Terra, de Cesáreo Sánchez Iglesias)

2  “As voces antigas do trovador”. A Nosa Terra, 329, 18 de decembro, 1987. (sobre Amor e tempo liso (Cancioneiro), de Darío Xohán Cabana)

3  “Memória da Yourcenar”. A Nosa Terra, 332, 28 de xaneiro, 1988. (sobre o pasamento de Marguerite Yourcenar)

4  “Fábulas recontadas na noite”. A Nosa Terra, 341, 12 de maio, 1988. (sobre Lenha Seca. Fábulas recontadas na noite, de Fernando Costa Andrade)

5  “Cantigas de amor vilao”. A Nosa Terra, 343, 28 de maio, 1988. (sobre Cantigas de amor vilao, de Darío Xohán Cabana)

6  “Fernando Pessoa ao trasluz dun documento”. A Nosa Terra, 349, 7 de xullo, 1988. (sobre a Acta de nascimento de Fernando Pessoa)

7  “As imagens de Viegas”. A Nosa Terra, 359, 20 de outubro, 1988. (sobre As imagens, de Francisco José Viegas)

8  “Jerónimo Baía, poeta barroco lusitano”. A Nosa Terra, 363, 17 de novembro, 1988. (sobre a Antologia da poesia do período barroco, de Natália Correia)

9  “O choro de África com os olhos secos”. A Nosa Terra, 400, 21 de setembro, 1989. (sobre unha década sen Agostinho Neto)

10  “A lírica galego-portuguesa”. A Nosa Terra, 403, 28 de outubro, 1989. (sobre A lírica galego-portuguesa, de Elsa Gonçalves e Maria Ana Ramos)

11  “Luís Pimentel, o poeta que lle tapou os pés aos versos”. A Nosa Terra, 410, 30 de novembro, 1989. (sobre a obra poética de Luís Pimentel)

12  “Ramón Caamaño, un mar de rostros na Costa da Morte”. A Nosa Terra, 417, 25 de xaneiro, 1990. (sobre o Album de Ramón Caamaño, de Manuel Sendón e X. L. Suárez Canal)

13  “Cláudio Murilo, metáfora de viver”. A Nosa Terra, 418, 1 de febreiro, 1990. (sobre Caderno de Proust, de Cláudio Murilo Leal)

14  “A pátria do mar de Darío X. Cabana”. A Nosa Terra, 420, 15 de febreiro, 1990. (sobre Patria do mar, de Darío Xohán Cabana)

15  “Ólisbos, os amantes da palavra”. A Nosa Terra, 422, 1 de marzo, 1990. (sobre a revista Ólisbos, os amantes da palavra)

16  “Un libro anti V Centenário”. A Nosa Terra, 427, 5 de abril, 1990. (sobre Nova Crónica de Indias, de Avilés de Taramancos)

17  “Literatura pret a porter”. A Nosa Terra, 434, 31 de maio, 1990. (sobre Ningún cisne, de Manuel Rivas)

18  “Poesia de oficio”. A Nosa Terra, 435, 7 de xuño, 1990. (sobre As torres no ar, de Avilés de Taramancos)

19  “Poetas malditos”. A Nosa Terra, 437, 21 de xuño, 1990. (sobre Banquete, de Lino Braxe)

20  “O verso era un camiño”. A Nosa Terra, 439, 5 de xullo, 1990. (sobre A árvore das sete palavras, de Cesáreo Sánchez Iglesias)

21  “Literatura angolana de vangarda”. A Nosa Terra, 442, 27 de xullo, 1990. (sobre Cartas de amor, de João André da Silva Lopito Feijóo)

22  “Un poemário algo hermético”. A Nosa Terra, 445, 21 de setembro, 1990. (sobre A cámara de névoa, de Vítor Vaqueiro)

23  “María Mariño, noiesa do Caurel, dinamiteira da fala”. A Nosa Terra, 448, 11 de outubro, 1990. (sobre a obra poética de María Mariño)

24  “Quando o sol arde na noite, un trasfondo da transición, de Joel Gómez”. A Nosa Terra, 456, 7 de decembro, 1990. (sobre Quando o sol arde na noite, de Joel Gómez)

25  “Os amantes da palavra, Ólisbos”. A Nosa Terra, 460, 11 de xaneiro, 1991. (sobre a revista Ólisbos, os amantes da palavra)

26  “A poética da luz”. A Nosa Terra, 467, 1 de marzo, 1991. (sobre Regreso e advenimento, de Xavier Seoane)

27  “Unha voz nova e consistente”. A Nosa Terra, 470, 21 de marzo, 1991. (sobre Tempo van de porcelana, de Martín Veiga)

28  “A Costa da Morte fotografada en imaxes e palavras. Xurxo Lobato e César António Molina na procura da simbiose”. A Nosa Terra, 498, 21 de novembro, 1991. (sobre A fin da Fisterra. Viaxe á Costa da Morte, de Xurxo Lobato e César António Molina)

29  “O Lume Branco, de Xosé Maria Álvarez Cáccamo”. A Nosa Terra, 503, 27 de decembro, 1991. (sobre O lume branco, de Xosé Maria Álvarez Cáccamo)

30  “Un poeta esquecido no centenário do seu nacimento. Roberto Blanco Torres (1891-1936), unha obra poética crebada polo fascisno”. A Nosa Terra, 506, 23 de xaneiro, 1992. (sobre a obra poética de Roberto Blanco Torres)

31  “Queréncia polo clásico”. A Nosa Terra, 512, 6 de marzo, 1992. (sobre Visitantes, de Xabier Rodríguez Baixeras)

32  “A escrita, espello de vida”. A Nosa Terra, 520, 30 de abril, 1992. (sobre Música reservada, de Luísa Villalta)

33  “Defensa da alegria”. A Nosa Terra, 533, 30 de xullo, 1992. (sobre Himno Verde, de Bernardino Graña)

34  “Unha continuación no tránsito”. A Nosa Terra, 534, 10 de setembro, 1992. (sobre A porta de lume, de Xesús Manuel Valcárcel)

35  “A iteración da nostálxia”. A Nosa Terra, 538, 8 de outubro, 1992. (sobre Este é o tempo do sal, de Xosé Manuel Millán Otero)

36  “Territórios diversos”. A Nosa Terra, 548, 17 de decembro, 1992. (sobre Poemas da luz e da loucura, de Henrique Rabunhal)

37  “Romper coa estética dos 80”. A Nosa Terra, 552, 14 de xaneiro, 1993. (sobre Persianas, pedramol e outros nervios, de Fran Alonso)

38  “O herdo dun Poeta”. A Nosa Terra, 557, 18 de febreiro, 1993. (sobre Última fuxida a Harar, de Avilés de Taramancos)

39  “Matéria sensível”. A Nosa Terra, 566, 22 de abril, 1993. (sobre Areas de fondo, de Xesús Manuel Valcárcel)

40  “A densidade da emoción”. A Nosa Terra, 577, 8 de xullo, 1993. (sobre Fuxidíos, de Eva Veiga Torre)

41  “Exceso de ornamentación”. A Nosa Terra, 579, 22 de xullo, 1993. (sobre Abandono da noite, de Manuel Xosé Neira)

42  “Preséncia da desolación”. A Nosa Terra, 580, 29 de xullo, 1993. (sobre Do olvido o rio, de Cesáreo Sánchez Iglesias)

43  “Pracer da nova poesia”. A Nosa Terra, 581, 5 de agosto, 1993. (sobre Ritos de auga, de Xosé Manuel Vélez)

44  “Unha volta ao real”. A Nosa Terra, 611, 3 de marzo, 1994. (sobre De mañá qué medo (Tristura e paixón en Compostela), de Xosé María Álvarez Cáccamo)

(Imaxe da primeira recensión)

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta