(A fotografía de Gonzalo Vázquez está tirada do dixital prazapública. Premer nas imaxes para agrandar o tamaño)
Coñecín persoalmente ao filólogo Gonzalo Vázquez o 8 de marzo na Libraría Couceiro na presentación da antoloxía A cidade na poesía galega do século XXI, da que foi o seu editor literario, nun acto do que xa falamos nesta bitácora aquí e acolá, por incluír tamén uns poemas da miña autoría. Na presentación tamén interviron a profesora Manuela Palacios e a poeta Yolanda Castaño, introducidos polo director literario da editorial Toxosoutos, o filólogo ourensán David G. Couso. E foi a poeta Yolanda Castaño quen nos descubriu a profesionalidade de Gonzalo Vázquez coma deseñador de moda ao falarnos das súas coleccións e de que esa noite ía vestida cun modelo da súa autoría.
Onte o dixital prazapública publicaba unha entrevista de Marcos Sueiro con Gonzalo Vázquez a conta da pasarela na que presentou a súa nova colección primavera-verán, baixo o título «Ás veces nun deseñador tamén hai un tempo de silencio». Como narra o xornalista, « performance baseada na novela Tiempo de Silencio, de Luís Martín Santos, e escolleu un episodio no que o escritor parodia a intelectualidade europea da época como prólogo visual da súa colección». Tamén salienta as súas afinidades no mundo da moda: «Eu síntome un David Delfín na vontade porque compartimos certa vontade de facer certas cousas pero na estética non temos que coincidir», así como onde atopa a súa inspiración, citando tamén o cinema e a literatura, pois «aliméntase de cineastas como David Lynch, poetas como Celan ou modistos como Alexander McQueen».
O blogue de Gonzalo Vázquez dá conta dos detalles da pasarela para as e os interesados, bitácora que fai parte da súa propia páxina persoal, onde tamén se poden mercar os seus modelos na tenda on line. Confeso que eu, home gris e opaco (coma me definiu unha ex-parella) e que nunca vai á moda, tampouco me atrevería a vestir as cores que propón para esta primavera-verán.
Non sei se será un síntoma de que a Filoloxía Galega ten pouco futuro ou mellor de que os filólogos adoitamos ser especialmente pluridisciplinares e versátiles. Voltando ao filólogo Gonzalo Vázquez (Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo, máster en Literatura Comparada pola Universidade de Santiago de Compostela e cun posgrao en ‘Literatura, performance e artes visuais’ na Accademia Albertina della Belle Arti di Torino), lembro máis unha vez un fragmento cos primeiros parágrafos do seu asisado e suxestivo prólogo á antoloxía A cidade na poesía galega do século XXI:
INTRODUCIÓN
Desde sempre, a cidade estimulou a imaxinación dos seus habitantes reais ou imaxinarios, serviu de inspiración para músicos, poetas, pintores… sen os cales estas mesmas cidades quedarían baleiras e perderían parte da súa identidade. A historia da literatura está chea de exemplos de cidades que só existen na imaxinación dos que as soñaron, dos que as construíron con palabras.
A tradición poética do tema da cidade quizais sexa tan antiga como a existencia (e quizais a preexistencia) destas, poesía e cidade. A cidade, que noutras literaturas ten unha fonda tradición poética (os retratos citadinos de Baudelaire na literatura francesa, por exemplo) foi moi marxinal na nosa literatura ata a segunda metade do século XX.
Así, entre a tradición poética da invención da cidade podemos destacar algunhas obras de importancia, como son o poema “London” de William Blake (1793) ou “The prelude” de Wordsworth dos primeiros anos do XIX, cantando a Londres, pero onde atopamos o auténtico consolidador do tema da cidade é en Les fleurs du mal de Baudelaire, como ben afirmou Walter Benjamin nos seus libros París capital del siglo XIX, onde atopa en Baudelaire o flâneur que “irrompe como intérprete privilexiado da cidade, entre o anonimato da multitude e a pulsión da indivualización”.
crebas twitter
-
Artigos recentes
- Lectura no Pico Sacro do poema “Apuntamentos para unha «Alba de Groria»” no Roteiro polos espazos vitais e literarios de Castelao na Estrada
- Entender para vivir, un libro e un recital para lembrar a escritora coruñesa Luísa Villalta
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
- Lanzamento da edición facsimilar de Estebo, de Xosé Lesta Meis, co estudo introdutorio “Unha voz crítica da emigración galega a Cuba” da miña autoría (Obra de libre descarga)
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Outubro 2024 (1)
- Setembro 2024 (1)
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta