Gonzalo López Abente na revista Nós


Tal día coma hoxe, 30 de outubro, hai 92 anos produciuse a saída á rúa do primeiro número da revista Nós, creada en Ourense baixo a dirección literaria de Vicente Risco, con Alfonso Daniel Rodríguez Castelao como director artístico e Anxel Casal como xerente e impresor.
O poeta muxián Gonzalo López Abente participou de xeito habitual na revista, xa desde o primeiro número cando se publicou o seu poema «O carreteiro», do libro Alento da Raza, na versión ao francés de Philéas Lebesgue «Le carretier» (Nós, nº 1, 30/X/1920).
Reproducimos deseguida a versión francesa e o poema orixinal.
LE CHARRETIER
Les pins de la montagne livrent aux vents
de lentes chansons,
brodées de plaintes et de gémissements
par les soirs de brume.
Dans le reseau subtil de la rosée menue
un arc-en-ciel irise ses couleurs,
et, sur les rameaux dépouillés d’un chêne
un corbeau noir chante ses amours.
Les ajoncs sauvages bruissent en agitant
les dards aigus
de leurs sombres frocs, et les plaintes dolentes
s’envolent sur l’aile des échos.
Le liquide cristal émaillé de blanche écume
se precipite por bonds sonores
du haut de la cime géante,
et serpente comme une couleuvre d’argent.
Par le sentier qui fait briller la blancheur des pierres
un lourd chariot s’avance,
en faisant grincer ses essieux,
et voilà qui tout a coup s’embourbe dans la glaisse.
Comme une statue, le jeune charretier
se tient debout devant les boeufs:
ou dirait un guerrier
que les brumes enveloppent de leurs tissus:
D’un bras vigoreux et calme,
il fait jouer l’aiguillon de côté et d’autre;
à la façon d’un dieu du ciel
il part; les boeufs tirent et le chariot s’en va.
(Versión de Philéas Lebesgue)
O CARRETEIRO
Os pinos montañeses dan aos ventos
cantigas vagorosas,
bordadas con queixumes e lamentos
nas tardes bretemosas.
No texido sutil do miúdo orballo
luce o arco da vella as súas cores,
e nas despidas pólas dun carballo
un negro corvo canta os seus amores.
Fungan os toxos feros remexendo
os aguillóns firentes
dos seus hábitos pardos, e, correndo
nas aas dos ecos, marchan súas queixas doentes.
O líquido cristal que a branca escuma esmalta,
da doira resoante,
coma serpe de prata corre e salta
despedido do cume do petouto xigante.
Pola senda que brila coa brancura dos seixos,
vai un pesado carro
de cantadores eixos,
que se atasca de súpeto no barro.
Coma unha estatua, o mozo carreteiro
parado queda diante os bois marelos:
Asomella a un guerreiro
que as brétemas envolven cos seus velos.
Con brazo forte e ademán sereo
move a aguillada dunha noutra banda,
e o mesmo que se fora un dios do ceo
fala, tiran os bois, e o carro anda.
Alén das recensións dos seus libros nesa época ou de novas como o seu nomeamento como presidente da Asociación de Escritores Galegos en 1936, a revista Nós reproduciu os seguintes poemas de Gonzalo López Abente.
ALENTO DA RAZA
—A FURNA.- Publicado en Nós, suplemento, xaneiro 1929; na Escolma de Poesía Galega de Fernández del Riego; na Antoloxía de Poesía Galega. Do Dezanove aos continuadores, de Fernández del Riego e na Gran Enciclopedia Gallega: Poesía, volume II.
—LE CHARRETIER.- Versión ao francés de Philéas Lebesgue. Publicado en Nós, nº 1 (30/X/1920); Rexurdimento e Terra, nº 3 (Bos Aires 25/VIII/1923) que o recollen de Les Tablettes (Boletín mensual de Saint Raphaël-Vas).
DO OUTONO
—O CARBALLO.- Publicado en Nós, nº 4 (31/I/1921) e en Terra, nº 3 (Bos Aires, 25/VIII/­1923).
NEMANCOS
—UNHA ORACIÓN.- Publicado no Suplemento XLII de Nós (V/1932).
—A BUITRA.- Publicado en Nós, nº 29 (15/V/1926) e no Suplemento XLII de Nós (V/1932).

Esta entrada foi publicada en Estudos literarios, Historia, Poesía, Versións ou traducións. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta en “Gonzalo López Abente na revista Nós

  1. Pingback: As crebas » Antón Zapata García traduciu a Gonzalo López Abente na revista arxentina Caras y Caretas en 1923

Os comentarios están pechados.