Gonzalo López Abente en La Estafeta Literaria (Madrid)


GONZALO LÓPEZ ABENTE EN LA ESTAFETA LITERARIA (MADRID)
A revista madrileña La Estafeta Literaria no seu número dobre 324-325, do 14 e 28 de agosto de 1965, que coñecemos através do historiador Manuel Vilar Álvarez, publicou a súa terceira entrega do Mapa Literario de Galicia (ou Apunte para un Censo de Escritores del Noroeste peninsular). La Estafeta Literaria estaba considerada como a publicación cultural oficial do réxime franquista, de feito nacera en 1944 da man do coñecido censor Juan Aparicio, daquela director da Delegación Nacional de Prensa. O médico e escritor falanxista Luis Ponce de León dirixiuna entre 1962 e 1968, cando a revista dependía do Ministerio de Información y Turismo, de Manuel Fraga Iribarne, que figuraba como Editor nesa altura, o que podería explicar o interese da publicación por principiar por Galicia a súa serie de Mapas Literarios.
A autoría é colectiva, malia a sinatura corresponder ao director Luís Ponce de León, quen nesta derradeira entrega dá conta dos agradecementos para o seu inxente labor compilatorio: «Agradecemos su aportación a los amigos, corresponsales, colaboradores galaicos que han contribuído al monstruoso y temido Censo: Alfredo Cid Rumbao, Jesús Ferro Couselo, José Filgueira Valverde, Juan Miguel Moreiras, José Tuñas Bouzón, Benito Varela Jácome, citados por el honesto orden alfabético de apellidos, y callando otros que nos suministraron fichas aisladas o datos sueltos». Pois ben, na páxina 175 (continuaba a numeración anterior) publica a que debeu ser a primeira biografía de Gonzalo López Abente despois da súa morte acaída o 23 de xullo de 1963. Trátase dunha breve ficha, ao xeito enciclopédico, que nin sequera cita a totalidade da súa obra, mais que é ben interesante polo difusión externa que facía da literatura galega esta publicación madrileña e pola positiva valoración que fai do escritor muxián. Velaquí o texto completo:
«LÓPEZ ABENTE, GONZALO.- Uno de los poetas más importantes del siglo XX. Natural de Muxía (La Coruña), emparentado con Pondal. Después de Escumas da Riveira publica Alento de raza, canto viril de la tierra gallega, el valle, la montaña, la costa brava, el dolmen y los pinos. En 1924 publica D’Outono, colección de 60 sonetos de indudable perfección. El libro Nemancos (1929) significa un avance en su poesía, por su acento vigoroso, su belleza de imágenes, su selecta adjetivación. A través de sus versos descubrimos resonancias de la poesía pondaliana. López Abente es también novelista en O diputado por Veiramar y Vaosilveiro, y comediógrafo en María Rosa».
De por parte, La Estafeta Literaria só inclúe outros seis autores da Costa da Morte: Alfredo Brañas, Baldomero Cores, Labarta Pose, Teodoro Morgade, Eduardo Pondal e Antón Zapata García, todos eles agás Pondal con brevísimas fichas bibliográficas.
Este artigo foi publicado o venres 20 de xaneiro do 2012 na páxina L14 da edición Bergantiños-Soneira-Fisterra do xornal La Voz de Galicia
Na publicación do xornal, talvez por razóns de espazo, non figura ao completo este parágrafo:
A autoría é colectiva, malia a sinatura corresponder ao director Luís Ponce de León, quen nesta derradeira entrega dá conta dos agradecementos para o seu inxente labor compilatorio: «Agradecemos su aportación a los amigos, corresponsales, colaboradores galaicos que han contribuído al monstruoso y temido Censo: Alfredo Cid Rumbao, Jesús Ferro Couselo, José Filgueira Valverde, Juan Miguel Moreiras, José Tuñas Bouzón, Benito Varela Jácome, citados por el honesto orden alfabético de apellidos, y callando otros que nos suministraron fichas aisladas o datos sueltos».

Esta entrada foi publicada en Estudos literarios, Poesía. Garda a ligazón permanente.