Gervasio Sánchez, imaxes para a sensibilidade


(Nenas tras os vidros dun coche. Bosnia, guerra dos Balcáns, marzo do 1994. Premer na imaxe para agrandar o tamaño)
O labor fotográfico de Gervasio Sánchez (Córdoba, 1959) é impresionante e digno de todas as loanzas. En Madrid teñen a sorte de que veña de se inaugurar unha mostra antolóxica, que recolle unha panorámica por máis de 25 anos de teimudo traballo en numerosos escenarios bélicos e posbélicos de América Latina, Europa, Asia e África. Todas estas imaxes revelan para nós rostros de persoas e lugares adoito esquecidos nos que se amosan as graves feridas do noso tempo histórico.
A exposición inclúe 148 fotografías, a cor e en blanco e negro, en orde cronolóxica, nun percorrido vertebrado en cinco grandes bloques temáticos: América latina, Balcáns, África, Vidas minadas e Desaparecidos. Alén diso, oito murais con perto de cen retratos de vítimas de mutilacións ou ex nenos-soldado, na Serra Leoa, e vítimas de minas antipersoa ou familiares de persoas desaparecidas en diversos países. Para quen non poidamos ou poidades viaxar até aló, unha pequena mostra dese traballo pódese ollar nesta ligazón, onde tamén podemos escoitar unha interesante entrevista co propio Gervasio Sánchez.
En palabras da comisaria, a tamén fotógrafa Sandra Balsells, o obxectivo da exposición é: «divulgar un legado visual de enorme valor histórico y documental en el que se combina un material prácticamente inédito -obtenido durante sus primeros años de aprendizaje y formación- con fotografías de actualidad ampliamente difundidas y con proyectos documentales realizados a largo plazo que han otorgado una indudable solidez a su obra».

Esta entrada foi publicada en Antoloxías, Exposicións, Fotografía, Historia, Política. Garda a ligazón permanente.

2 respostas a Gervasio Sánchez, imaxes para a sensibilidade

  1. Lorena di:

    eu tiven a sorte de estar nela: increible, impactante, sobrecolledora, estensa, e con proxeccións en vídeo ao ritmo dunha música bestial! non teño verbas

    • Envexa que che teño, viaxeira azul. A escolla que puiden visualizar na rede é fantástica. Coñecía o seu traballo desde hai anos, mais esta exposición debe ser como ti propia a cualificas.

Os comentarios están pechados.